Acelular

(Redirección desde «Aphanobionta»)

O substantivo acelular significa literalmente sen células,[1] e se aplica principalmente aos virus, pero tamén aos provirus, viroides, e prións, que son entidades biolóxicas non formadas por células, a diferenza das bacterias e as cianobacterias, organismos compostos por células procariotas, e dos fungos, vexetais e animais, formados por células eucariotas.[2]

Un virus non é unha célula.

Características editar

Como adxectivo, acelular úsase para cualificar os tecidos que só posúen matriz extracelular e que carecen de células, como a mesoglea dalgúns invertebrados ou a cutícula dos artrópodos.

O dos acelulares (ou Acytota) é un dos tres superreinos en que algunhas clasificacións da bioloxía moderna dividen os seres vivos. Os membros deste superreino son organismos que se reúnen nun único reino: o reino Virus. O seu clado oposto é Cytota, que reúne a todos os organismos celulares, os dominios Bacteria, Archaea e Eukarya.

Os virus están considerados como parasitos intracelulares obrigatorios, pois por si sós non son capaces de reproducirse. Poden ter ADN ou ARN, envolvidos por unha membrana proteica.

Este tema aínda é moi discutido e posto en dúbida, dado que non se sabe aínda se os virus poden ser considerados como seres vivos. Non se reproducen por conta propia, non se alimentan, non teñen orgánulos, nin metabolismo etc. O concepto de "vida" sen estrutura celular volveu emerxer con forza na comunidade científica en 2003 como consecuencia do descubrimento dos mimivirus.[3].

Taxonomía editar

Os que consideran que os virus son seres vivos establecen para eles un novo dominio da vida, os Aphanobionta.

Notas editar

  1. Do latín científico acellular, de a-, privativo, e cellular, celular: non celular, non constituído por células.
  2. "What is Non-Cellular Life?". Wise Geek. Conjecture Corporation. 2009. Consultado o 8-11-2011.  (en inglés)
  3. Forterre, Patrick (2006). "Three RNA cells for ribosomal lineages and three DNA viruses to replicate their genomes: A hypothesis for the origin of cellular domain". Proceedings of the National Academy of Sciences 106 (10): 3669–3674. PMC 1450140. doi:10.1073/pnas.0510333103. PMID 16505372.  (en inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar