Antonio de Ron
Antonio Miguel de Ron Pedreira, nado en Lugo o 4 de outubro de 1952, é un profesor e investigador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1952 ![]() Lugo, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesor de educación superior, investigador ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarLicenciouse en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela en 1974, na mesma universidade presentou en 1987 a tese de doutoramento Estudio genético y taxonómico de las poblaciones gallegas de maíz (Zea mays L.).[1] Experto Universitario en Métodos Avanzados de Estatística Aplicada, UNED, 2011.
Postos desempeñados
editar- Catedrático de Instituto entre 1977 e 1988, exerceu no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
- Entre 1988 e 2004 foi Científico Titular e entre 2004 e 2009 Investigador Científico no Consello Superior de Investigacións Científicas, no que foi Profesor de Investigación desde 2009, Grupo de Bioloxía de Agrosistemas (BAS).
- Na Misión Biolóxica de Galicia-CSIC (Pontevedra) foi Xefe do Departamento de Mellora Vexetal entre 1993 e 2004 e de Recursos Fitoxenéticos entre 2004 e 2010, dirixindo o grupo de investigación Bioloxía de Agrosistemas.[2]
- No Campus de Lugo da Universidade de Santiago foi Profesor Asociado de Xenética entre 1990 e 2004
- No Centro da UNED en Pontevedra foi Profesor-Titor entre 1991 e 2014.
- Entre 1992 e 1994 foi Delegado do Colexio Oficial de Biólogos en Galicia.[3]
- En 1988 foi nomeado Presidente da Sociedade de Ciencias de Galicia.[4]
- Entre 2006 e 2012 foi Presidente da Asociación Española de Leguminosas.
- Desde 2013: Líder do Protein Crops Working Goup da European Association for Research on Plant Breeding, EUCARPIA.
- Profesor no mestrado universitario en Xenómica Xenética, USC e UVigo.[5]
- En 2019: membro da Comisión de Títulos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
- En 2019 Delegado do CSIC en Galicia.[6]
- 2025: Vicepresidente da Asociación Española de Leguminosas
Líñas de investigación
editarEn 2019 era o investigador principal de “Actividades do CRF de conservación e documentación de coleccións de xermoplasma vexetal” (2800 mostras de sementes conservadas), “Contrato de transferencia de material e licenza de explotación da variedade vexetal faba Galaica entre a Axencia Estatal CSIC e Terras da Mariña Galega” e “Acordo de colaboración para o desenvolvemento de accións e proxectos de innovación sobre cultivos de calidade para consumo humano”.[7]
Ademais traballou en Bioloxía de Agrtosistemas: interaccións planta-medio ambiente, Biodiversidade e recursos fitoxenéticos de Leguminosas e outras especies cultivadas, Phaseolus vulgaris como planta modelo para estudos de xenética, e evolución, Xenética e mellora de Leguminosas e outras especies cultivadas.[8]
Coordinou de proxectos internacionais, nacionais e de I+D no campo da xenética e mellora vexetal.
Publicacións
editar- Estudio de la influencia de un parque de maderas en la propagación de plagas forestales (1978). Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. ISBN 84-500-2840-X.
- Sobre la ciencia: ensaios (1983). Ed. de autor. ISBN 84-300-8804-0.
- El medio ambiente. Manual para profesores (1986). Con José Luís Álvarez. Celulosas de Pontevedra. ISBN 84-398-6959-2.
- Estudio genético y taxonómico de las poblaciones gallegas de maíz (Zea mays L.) (1987). Resume da tese de doutoramento. Santiago de Compostela. ISBN 84-404-0287-2.
- Tendencias actuales en genética (1996). Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 8481214345.
- Exercicios prácticos de ciencias da natureza (Bioloxía e Xeoloxía) para o ensino secundario (1998). Tórculo. ISBN 8484080048.
- Geología y biología: volumen práctico : oposiciones al Cuerpo de Profesores de Enseñanza Secundaria (2004). MAD. ISBN 8466539786.
É autor de artigos científicos en revistas de impacto e internacionais de investigación con índice de impacto, e de ducias de artigos en medios de comunicación. Dirixiu 15 teses de doutoramento.[9][10]
Recoñecementos
editar- 1975: "Colexial Distinguido" no Colexio Maior San Clemente, Universidade de Santiago de Compostela.
- 1981: Premio "Cidade de Pontevedra - Valores Científicos".
- 1999: Premio "Cidade de Córdoba de Ciencias Hortícolas".
- 2003: Medalla de Bronce do Consello Superior de Investigacións Científicas. Vigo.
- 2010: Premio “Amigos de Pontevedra”, como catedrático e investigador.
- 2014: Pontevedrés do Ano en Investigación, Ciencia e Universidade.
- 2018: Socio de Honor da Asociación Española de Leguminosas.[11] Córdoba.
- 2023: A Bean Improvement Cooperative (BIC) distinguiuno como Meritorius Service Award polo seu labor na Misión Biolóxica de Galicia.[12]
Notas
editar- ↑ Pedreira, Antonio M. de Ron (1987). "Estudio genético y taxonómico de las poblaciones gallegas de maíz (Zea mays L.)" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ M. Vázquez. "Antonio De Ron Pedreira, nuevo delegado institucional del CSIC en Galicia – Instituto de Investigaciones Marinas" (en castelán). Consultado o 2019-02-26.[Ligazón morta]
- ↑ "Colexio Oficial de Biólogos de Galicia". www.biologosdegalicia.org. Consultado o 2019-02-26.
- ↑ "Junta de Gobierno". Sociedad de Ciencias de Galicia (en castelán). 2014-09-19. Consultado o 2019-02-26.
- ↑ "Master Genómica y Genética - Antonio Miguel De Ron Pedreira". mastergenomicaygenetica.com (en castelán). Consultado o 2019-02-26.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2019-02-26). "Antonio de Ron, nuevo delegado del Csic en Galicia". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2019-02-26.
- ↑ Redacción (2019-02-25). "Antonio de Ron, novo delegado do CSIC en Galicia". GCiencia. Consultado o 2019-02-26.
- ↑ "Antonio Miguel De Ron Pedreira. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-02-26.
- ↑ "Antonio M. de Ron Pedreira". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-02-26.
- ↑ "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España - Resultados del catálogo - '^A1108381'". catalogo.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-02-26.
- ↑ "Antonio De Ron, nombrado socio de honor de la AEL – Misión Biológica de Galicia" (en castelán). Consultado o 2019-02-26.
- ↑ "Antonio de Ron, el científico al que premian en Estados Unidos por sus estudios sobre las judías". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-12-05. Consultado o 2023-12-05.