Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) é un consorcio creado entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas (USC, UdC e UVi) coa finalidade de velar polo prestixio e recoñecemento do Sistema Universitario de Galicia entre as institucións universitarias a nivel estatal, europeo e internacional. O seu director é José Eduardo López Pereira.
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarFoi creada o 30 de xaneiro de 2001 baixo dúas perspectivas: baseándose nas experiencias previas no campo da avaliación das novas tendencias internacionais e, fundamentalmente, das recomendacións do Consello de Europa sobre cooperación europea para a garantía da calidade no ensino superior. Búscase a inclusión da calidade das universidades no novo programa de financiamento (destinando unha parte dos recursos á mellora do ensino, xestión etc.).
Está dotada de personalidade xurídica plena, e conta coa independencia necesaria para desenvolver os obxectivos con rigor e respecto á autonomía universitaria.
Preténdese que as universidades galegas se caractericen polo desenvolvemento desta autonomía, respondendo ás necesidades socioeconómicas e culturais concretas e específicas do contexto galego, ao tempo que se busca a integración de forma competitiva no contexto universitario, integrándose no Espazo Europeo de Educación Superior.