Xosé Eduardo López Pereira

filólogo galego
(Redirección desde «José Eduardo López Pereira»)

Xosé Eduardo López Pereira, nado en 1945 en Trasalba, Ourense, é un catedrático de Filoloxía Latina.

Xosé Eduardo López Pereira
Nacemento1945
Lugar de nacementoTrasalba
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca e Universidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e filólogo
Na rede
Dialnet: 48195
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciouse en Filoloxía Clásica pola Universidade de Salamanca, e acadou o doutoramento en Filoloxía Latina pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseiro do Deutscher Akademister Austauchsdienst na Academia de Baviera, dedicándose aos textos latinos medievais. É catedrático da Universidade da Coruña.

Foi secretario xeral da UdC durante seis anos, foi director xeral de universidades da Xunta de Galicia durante oito anos, e é director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia[1].

Especializouse na cultura da Gallaecia romana e no Reino Suevo de Galicia, así como en persoeiros da Historia de Galicia como Prisciliano, Exeria, Paulo Orosio, Hidacio ou Martiño Dumiense. Foi director xeral de ordenación universitaria durante o mandato de Manuel Fraga Iribarne. Dirixiu entre 1994 e 2019 o equipo de investigación Corpus documentale latinum Gallaeciae, ligado ao Centro de Investigación Ramón Piñeiro, que recolle e analiza tódolos documentos galegos dende o ano 850 a 1250.

En 2021 foi escollido presidente da Fundación Otero Pedrayo[2].

Recoñecementos editar

En 1994 obtivo o Premio Xesús Taboada Chivite.

Obras editar

Ensaio editar

  • O primeiro espertar cultural de Galicia (1989, Universidade de Santiago de Compostela).
  • Exeria (1991, Edicións Xerais de Galicia).
  • Guía do peregrino. Códice Calixtino (1993, Edicións Xerais de Galicia).
  • Cultura, relixión e superstición na Galicia Sueva (1996, Universidade da Coruña).

Notas editar

  1. Elisa Álvarez (15 de novembro de 2017). "Eduardo López Pereira: «Ahora hay un exceso de proximidad entre profesor y alumno»". La Voz de Galicia. 
  2. Elisabet Fernández (25 de abril de 2021). "Buciños recolle o Trasalba: "Grazas a don Ramón fago escultura que comunica"". La Región.