Antonio Reino Caamaño

político galego

Antonio Reino Caamaño, nado en Mazaricos en 1883 e finado en Buenos Aires, foi un político galego.

Modelo:BiografíaAntonio Reino Caamaño
Biografía
Nacemento1883 Editar o valor en Wikidata
Mazaricos, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé Reino Caamaño
Carlos Reino Caamaño Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Antonio Modesto Reino Rodríguez e Carmen Caamaño Ferreiro. Emigrou á Arxentina. Socio do Centro Unión Hijos del Partido de Negreira, foi elixido secretario en 1925.[1] Integróuse na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales e colaborou no seu órgano El Despertar Gallego. Tamén colaborou en El Agrario Barcalés. Cando se produciu a escisión, integróuse na Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires da que foi nomeado secretario de acción política e despois elixido secretario xeral, e colaborou e despois foi secretario de redacción do seu órgano Acción Gallega. Retornou a Galicia en xuño de 1936.[2][3][4] Exíliouse na Arxentina en maio de 1942, reintegrouse á Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina e formou parte do comité de redacción de Galicia entre 1942 e 1943 e novamente de 1946 a 1947.

  1. El Heraldo Gallego, 29-11-1925, p, 2.
  2. Acción Gallega, 5-5-1936, p. 1.
  3. Acción Gallega, 1-6-1936, p. 5.
  4. El Eco de Santiago, 1-7-1936, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. p. 241. ISBN 978-950-786-574-9.