Antonio Páramo e Somoza

Antonio Montenegro Páramo e Somoza, coñecido como Antonio Páramo e Somoza, nado en Santa María de Ferreira,[1] (actual concello de Pantón) o 7 de setembro de 1731 e finado en Santiago de Compostela o 8 de marzo de 1786, foi un eclesiástico e xurista galego.

Modelo:BiografíaAntonio Páramo e Somoza
Biografía
Nacemento(es) Antonio Páramo y Somoza Editar o valor en Wikidata
7 de setembro de 1731 Editar o valor en Wikidata
Ferreira de Pantón, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 1786 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacatedral de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Bispo eleito (pt) Traducir
10 de decembro de 1785 –
← Francesc Armanyà i Font (en) TraducirFelipe Peláez Caunedo (en) Traducir →
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico, xurista Editar o valor en Wikidata

BUSC: paramo-y-somoza-antonio-bispo-de-lugo-1731-1786

Traxectoria

editar

Membro da fidalguía galega (casa dos Somoza de Galicia), foi fillo de Manuel Montenegro Páramo y Osorio, natural da Pobra do Burón, señor da xurisdición de Fontesta e San Vicente, e da súa esposa María Benita Somoza e Sangro, do lugar e casa de Goián (Santa María de Ferreira). Probou a súa nobreza de sangue ante a Real e Distinguida Orde Española de Carlos III en 1781.[2]

Tras concluír a carreira eclesiástica e a de Xurisprudencia e Cánones, ocupou os cargos de cóengo e cardeal da Igrexa de Santiago, Administrador Xeral, Capelán Maior e Xuíz Privativo Eclesiástico do Gran Hospital Real de Santiago, reitor da universidade compostelá (1781) e bispo electo de Lugo en 1785,[3] non chegando a tomar posesión por morrer repentinamente.[4]

Foi fundador da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784) e, tras o seu nomeamento como Director da mesma, exerceu dito cargo até a súa morte, o 8 de marzo de 1786, en Santiago de Compostela.[5]

Foi soterrado na Capela do Salvador, da Catedral de Santiago.[4]

  1. "Pérez Constanti, Pablo: "Los Canónigos de Santiago", Boletín de la Real Academia Gallega, nº 148, p. 98.". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 06 de marzo de 2019. 
  2. "Microgenea. Os Somoza de Galiza". Antecesores. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2012. Consultado o 08 de maio de 2012. 
  3. "RSEAP de Santiago. Fundador". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 08 de maio de 2012. 
  4. 4,0 4,1 "Pérez Constanti, Pablo: "Los Canónigos de Santiago", Boletín de la Real Academia Gallega, nº 148, p.99.". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 06 de marzo de 2019. 
  5. "RSEAP de Santiago. Institución". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2012. Consultado o 08 de maio de 2012. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar