Antonio García Quejido
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Antonio García Quejido, nado en Madrid en 1856 e finado na mesma cidade en 1927, foi un político e sindicalista español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1856 Madrid, España |
Morte | 12 de xuño de 1927 (71 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio Civil de Madrid 40°25′20″N 3°38′09″O / 40.422272, -3.635825 |
Secretario xeral do Partido Comunista de España | |
15 de marzo de 1922 – 8 de xullo de 1923 – César Rodríguez González → | |
Concelleiro de Madrid | |
1909 – 1913 Circunscrición electoral: Universidad | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, sindicalista, tipógrafo |
Partido político | Partido Comunista de España (1921–) Spanish Communist Workers' Party (en) (1921–1921) Partido Socialista Obrero Español (1879–1921) |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:García Quejido (Antonio), p.162) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Diccionari biogràfic del moviment obrer als Països Catalans (pt) , (sec:García Quejido, Antonio, p.639-641) |
Traxectoria
editarTipógrafo de profesión, entrou en contacto con intelectuais marxistas no seu Madrid Natal. En Concreto coa Nova Federación Madrileña, dirixida polo ferrolán Pablo Iglesias Posse. Esta agrupación foi o xermolo do Partido Socialista Obreiro Español.
García Quejido participou na fundación deste partido no 1879, converténdose nun dos dirixentes do mesmo, e participando na súa representación en Congresos da Segunda Internacional
Coñecido polo seu labor no eido sindical, participou no 1888 na fundación da Unión Xeral de Traballadores, sindicato do cal sería o seu primeiro presidente, sendo reelixido para este cargo no 1890. Entre o 1894 e 1905 foi Secretario Xeral deste sindicato agás no 1897, ano no cal dimitiu tras ser rexeitada a súa proposta de alianza estratéxica cos republicanos burgueses de esquerda.
No ano 1909 foi elixido concelleiro no Concello de Madrid, data a partir da cal cambiou a súa postura referente á alianza cos republicanos, mostrándose agora contrario á mesma
Durante a I Guerra Mundial, mostrouse favorábel ás teses esgrimidas por diferentes líderes marxistas mundiais (Vladimir Lenin, Karl Liebknecht) segundo as cales dita guerra era un conflito entre dous bloques imperialistas, e as forzas obreiras non deben apoiar nin a un bando nin a outro, senón denunciar o carácter do conflito. Isto enfrontouno á maioría da clase dirixente do PSOE, que se mostraba favorábel ao bando Aliado.
Este enfrontamento vería o seu punto álxido ao estourar a Revolución Rusa en 1917. El foi un dos principais defensores de dita revolución e da entrada do PSOE na III Internacional, defendendo esta postura até 1921. Neste ano, e ante a imposibilidade de triunfar sobre a chamada liña reformista no seo do PSOE, apoiou a escisión que levou a crear o Partido Comunista Obrero Español. Por mandato da III Internacional, que, segundo as 21 condicións que requiría para o ingreso esixía un só partido por estado, o PCOE fusiouse co Partido Comunista Español, dando lugar ao PCE, do que foi elixido primeiro secretario xeral.
Predecesor: Fundación |
Presidente da UXT 1888 - 1892 |
Sucesor: Josep Comaposada i Gili |
Predecesor: Basilio Martín Rodríguez |
Secretario Xeral da UXT 1894 - 1905 |
Sucesor: Vicente Barrio |
Predecesor: Fundación |
Secretario Xeral do PCE 1921 - 1923 |
Sucesor: César Rodríguez González |