César Rodríguez González

xornalista e político galego

César Rodríguez González, nado na Coruña o 2 de febreiro de 1894 e finado en Cidade de México o 15 de agosto de 1962, foi un xornalista e político socialista e comunista galego.

Infotaula de personaCésar Rodríguez González
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1894 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de agosto de 1962 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Spanish Communist Party General Secretary (en) Traducir
8 de xullo de 1923 – agosto de 1925
← Antonio García QuejidoJosé Bullejos → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España
Partido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiVirginia González Polo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo da dirixente socialista e comunista Virginia González Polo. Militou nas Juventudes Socialistas de España, onde foi vocal do Comité Nacional entre 1915 e 1919, e vicesecretario en 1920. Tamén militou no PSOE, representando ao Grupo Socialista Español de Marsella (Francia) nos Congresos Extraordinarios do PSOE de 1919 e 1920 e á Federación de Grupos Socialistas españois en Francia no Congreso Extraordinario de 1921. Pertenceu á Comisión Executiva do PSOE entre 1920 e 1921. Traballou no periódico España Nueva.

Partidario da Terceira Internacional, participou na fundación do Partido Comunista Obrero Español en abril de 1921, representándoo no III Congreso da Internacional Comunista celebrado en Moscova en xuño de 1921. En 1922 participou na fundación do Partido Comunista de España, en cuxo II Congreso, celebrado o 8 de xullo de 1923, foi elixido como secretario xeral, sucedendo a Antonio García Quejido. En decembro dese ano ingresou na Prisión Celular de Madrid ata 1925, pola publicación dun artigo inxurioso para o Exército.

Logo da súa saída de prisión abandonou o PCE e retornou ao PSOE, figurando como redactor do periódico El Socialista.

Ingresou na masonaría en 1933. Foi redactor do diario Informaciones dende decembro de 1933, e en 1936 ingresou na Asociación de la Prensa de Madrid.

Durante a guerra civil española formou parte do Comité Directivo do Banco de Crédito Local de Valencia. Ao rematar a guerra exiliouse en México, arribando a Coatzacoalcos (Veracruz) no buque Santo Domingo o 26 de xullo de 1940.[1] Alí traballou como xornalista, ademais de ser conselleiro na Financiera Industrial y Agrícola SA (FIASA). Morreu en Cidade de México en 1962.


Predecesor:
Antonio García Quejido
 
Secretario Xeral do PCE

1923 - 1925
Sucesor:
José Bullejos

Notas editar