Antonio Esquivias

actor de dobraxe galego

Antonio Esquivias, nado na Coruña en 1964, é un actor e actor de dobraxe galego, ademais de ter unha ampla carreira como locutor e docente, sendo coñecido por ser o dobrador de Kelsey Grammer e dalgúns personaxes de The Simpsons, especialmente do Actor Secundario Bob (ao que Kelsey Grammer dá voz na versión orixinal).[1][2]

Infotaula de personaAntonio Esquivias

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de dobraxe , locutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3181440 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado na Coruña, comeza clases de Canto no Conservatorio de Música dende moi novo. Ademais, alí recibe clases de Declamación, Ortofonía e Dicción. A comezos da década de 1980 comeza a cursar Dobraxe con Salvador Arias e tamén, na mesma época, comeza a súa carreira profesional no mundo da voz e da interpretación.

Dobraxe editar

Dado o seu dominio tanto do castelán como do galego, realiza dobraxes en ámbalas dúas linguas.

Dobraxe en castelán editar

Dende 1981 presta a súa voz a distintos personaxes en series e filmes. É especialmente recoñecido por papeis como os interpretados por Kelsey Grammer en Frasier, Cheers, Fame (o filme) e Boss; o Actor Secundario Bob, Mel, Chalmers, o Texano Rico e Deus, entre outros, en The Simpsons e Langley en The X-Files. Ademais, deu a súa voz a Coco en Sesame Street e foi Raphael en Teenage Mutant Ninja Turtles. Ademais tamén colaborou na dobraxe de videoxogos como no novo título de Ubisoft The Division no que fai a voz de locutor de radio. Tamén dobrou no ano 2019 a Bona Festa en One Piece Stampede, da famosa franquía anime/manga One Piece

Dobraxe en galego editar

Dende 1984 até 1996 realiza varias dobraxes, entre as que salientan: Os dez mandamentos, The Private War of Major Benson e O home Omega onde pon voz a Charlton Heston; A ponte de Casandra, dobrando a Richard Harris, As aventuras de Jeremiah Johnson, dando voz a Robert Redford e O rei e eu, dobrando a Yul Brynner. Ademais, dobrou durante catro tempadas a Adam West en Batman e a Robert Wagner en Madame Sin e tamén puxo a súa voz para a versión galega de Dragon Ball interpretando a personaxes como Nam.

Notas editar

  1. "Antonio Esquivias en IMDb". IMDb.com. Consultado o 21 de xullo de 2020. 
  2. "Antonio Esquivias en eldoblaje.com". eldoblaje.com. Consultado o 21 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar