Sesame Street

Sesame Street é un programa infantil de televisión estadounidense dirixido a nenos en idade preescolar, coñecido pola combinación de educación e entretemento, empregando uns monicreques coñecidos como the Muppets creados por Jim Henson, a animación, as curtas, o humor, e a utilización de referencias culturais.

Sesame Street
Sesame Street sign.svg
Strong4635.JPG
FormatoInfantil
Creado porJoan Ganz Cooney
Lloyd Morrisett
Desenvolvido porSesame Workshop
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Produción
Duración60 minutos
Na rede
http://www.sesamestreet.org/, https://pbskids.org/sesame/ e http://www.pbs.org/kids/sesame/
IMDB: tt0063951 Allocine: 5995 Metacritic: tv/sesame-street TV.com: shows/sesame-street
Facebook: SesameStreet Twitter: sesamestreet Instagram: sesamestreet Youtube: UCoookXUzPciGrEZEXmh4Jjg Musicbrainz: d68700b6-aae7-478a-b75b-5ea8c6851cd4 Songkick: 133382 Discogs: 142433 Allmusic: mn0000009743 Genius: Sesame-street Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En Galicia emitiuse desde 1979 e durante os anos oitenta do século XX en castelán e en Televisión Española cunha versión española chamada Barrio Sésamo. Na versión española, ademais dos monicreques internacionais: Big Bird (Caponata), Ernie and Bert (Epi e Blas), Elmo, Grover (Coco), Cookie Monster (Triqui ou Monstro das Galletas), Kermit the Frog (a Ra Gustavo), e Count von Count (o Conde) apareceron personaxes nacionais que acadaron gran sona, uns humanos e dous monicreques: O ourizo Espinete e o papagaio Don Pimpón.

HistoriaEditar

O programa concibiuse en 1966 entre Joan Ganz Cooney e Lloyd Morrisett, vicepresidente da Fundación Carnegie co obxectivo de crearen un programa infantil que puidera "aproveitar a adición que xera a televisión para tirar proveito dela [1] para axudar aos meniños a prepararse para a escola. Despois de dous anos de preparación creouse a Children's Television Workshop, cun orzamento de oito millóns de dólares procedente de Carnegie, a Fundación Ford e o goberno dos Estados Unidos, coa finalidade de crear e producir un novo programa de televisión dirixido ao público infantil. O primeiro programa emitiuse en canles da televisión pública o 10 de novembro de 1969, recibindo críticas positivas, algunha controversia e altas audiencias.

En 2009, Sesame Street era o programa infantil máis visto do mundo, con emisións dobradas ou adaptadas en 120 países, cunha alta reputación como avalan os seus oito Grammys e 118 Emmys

FormatoEditar

Na súa primeira época o formato de Sesame Street consistía nunha combinación de elementos da televisión comercial con técnicas educativas, coa colaboración entre conselleiros educativos, investigadores e produtores, desenvolvéndose o currículum inicial ao longo de seminarios celebrados en 1968 entre expertos da televisión e da educación que formaron a base dos obxectivos cognitivos, afectivos e de coñecemento do programa que se desenvolvía como unha revista de televisión, situado nunha rúa dunha cidade e a súa veciñanza, en 1998 cambiouse o formato a un máis narrativo.

NotasEditar

  1. Davis, Michael (2008). Street Gang: The Complete History of Sesame Street. New York: Viking Penguin, p.8