Antonio Díaz Herrera
escritor e xornalista galego
Antonio Díaz Herrera, nado en Pontevedra en 1904 e finado en 1980, foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Pontevedra, España |
Morte | 1980 (75/76 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , xornalista |
Traxectoria
editarFillo de José Díaz Sanjurjo e Emma Cristiana Herrera Herrera. Publicou poemas en Vida Gallega e colaborou na revista Nós. Fundou a revista Cristal (1932-33) con Xoán Vidal Martínez e Xosé María Álvarez Blázquez. Deu unha conferencia sobre Valle-Inclán en Radio Pontevedra en xuño de 1936.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fíxose militante de Falange.[2] Foi elixido secretario da xunta directiva do Liceo Casino de Pontevedra para 1937.[3] Marchou á Habana en abril de 1937.[4]