Antonio Carballo Vázquez

industrial e político galego

Antonio Carballo Vázquez, nado en Coles cara a 1884 e finado en Vigo o 12 de maio de 1937, foi un industrial e político galego.

Infotaula de personaAntonio Carballo Vázquez
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor em Wikidata
Coles, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1937 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Presidente da loxa masónica Vicus Nº 8. Coa República foi elixido concelleiro de Vigo nas eleccións do 12 de abril. Foi suspendido como concelleiro en 1934. Militante de Izquierda Republicana. Foi reposto como concelleiro o 20 de febreiro de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra sumarísimo con José Caldas Iglesias e Julio Vilaboa Villar, acusado de rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi fusilado no castelo do Castro. Abríronlle expediente de incautación de bens en setembro de 1937.[2]

Notas editar

  1. El País, 22-2-1936, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 10-9-1937, p. 9.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar