José Caldas Iglesias

mestre e político galego


José Caldas Iglesias, nado en Vigo en 1898 e finado na mesma cidade o 12 de maio de 1937, foi un traballador metalúrxico, mestre e concelleiro galego.

Infotaula de personaJosé Caldas Iglesias
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1937 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Lugar de memoria na Fortaleza do Castro

Foi mestre na Escola Elemental de Traballo de Vigo e concelleiro dese concello.

Foi detido por estar no Concello de Vigo o día da lectura do bando do Golpe de Estado militar franquista en Vigo. Xulgado en consello de guerra sumarísimo xunto con Antonio Carballo Vázquez foi condenado a morte. Fusilárono no castelo do Castro.

A súa filla Carmen Caldas Vázquez foi nomeada Viguesa Distinguida en 1992.[1]

Na cultura editar

A súa neta Mar Caldas realizou un proxecto artístico sobre a súa historia e a da súa familia.[2]

Notas editar

  1. Vigueses distinguidos 1985-2011. p. 49. Fundación Vigueses Distinguidos. Concello de Vigo. 2012 (en castelán).
  2. Jorge Lamas (11 de maio de 2023). "El fusilamiento de su abuelo, concejal en la República, inspira la propuesta artística de Mar Caldas". La Voz de Galicia. Consultado o 12 de maio de 2023 (en castelán). 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar