Antillas Neerlandesas nos Xogos Olímpicos

As Antillas Neerlandesas participaron por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1952, competindo na maioría das edicións dos Xogos de Verán até 2008. Como país constituínte do Reino dos Países Baixos, uniuse ao boicot neerlandés aos 1956 e tamén aos de 1980. As Antillas Neerlandesas participaron en dúas ocasións nos Xogos Olímpicos de Inverno.

Antillas Neerlandesas nos Xogos Olímpicos

Código COI AHO
Comité nacional Comité Olímpico das Antillas Neerlandesas
Medalleiro
Ouro
0
Prata
1
Bronce
0
Total
1

O Comité Olímpico das Antillas Neerlandesas foi creado en 1931 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional dende 1950 até 2011, ata a disolución das Antillas Neerlandesas.[1] Nos Xogos Olímpicos de 2012, os deportistas das cinco illas competiron como participantes independentes baixo a bandeira olímpica.

Lista de medallistas editar

Medalla Nome Xogos Deporte Proba
  Prata Boersma, JanJan Boersma   Seúl 1988   Vela División II masculina

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar