Antal Nagy
Antal Nagy, nado en Budapest o 16 de maio de 1944, é un exfutbolista húngaro. Xogaba como dianteiro e militou en clubs das principais ligas de Hungría, Bélxica, Países Baixos, Francia, España, Alemaña e Portugal. Foi internacional coa selección húngara, coa que participou no Mundial de Inglaterra de 1966.
Nagy | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antal Nagy | ||
Nacemento | 16 de maio de 1944 | ||
Lugar de nacemento | Budapest | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1963–1968 | Budapest Honvéd | 70 | (25) |
1968–1969 | Standard de Liège | 31 | (21) |
1969–1972 | Twente | 39 | (19) |
1972–1973 | Olympique de Marsella | 3 | (0) |
1973–1974 | Hércules | 36 | (10) |
1974–1975 | Wuppertaler SV | 10 | (2) |
1975–1976 | Sant Andreu | 7 | (3) |
1976 | Caen | 12 | (2) |
1977 | Royal Antwerp | 2 | (0) |
1977–1978 | Leixões | 21 | (2) |
1978–1979 | Budapest Honvéd | ||
Selección nacional | |||
1964–1966 | Hungría | 3 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Comezou a súa carreira como futbolista no Hónved da súa cidade natal, co que foi campión da Copa de Hungría e dúas veces subcampión da liga húngara, e co que debutou na Recopa de Europa.
En 1968 trasladouse a Liexa, onde fichou polo Standard de Liège. A súa marcha de Hungría provocou a perda da súa nacionalidade, sendo considerado dende entón un apátrida.[1] Na tempada 1968/69 foi o máximo goleador da Primeira división belga, da que se proclamou campión esa mesma campaña. A continuación pasou polos Países Baixos, onde xogou tres anos no Twente, antes de recalar no Olympique de Marseille, co que gañou a Copa de Francia de 1972.
En 1973 chegou a España, fichando polo Hércules de Arsenio Iglesias, co que xogou na Segunda división, logrando o ascenso a Primeira. Contribuíu con 10 goles, un deles anotado cun pé descalzo, despois de ter perdido unha bota.[1] Pasou logo polas filas do Wuppertaler SV, da Bundesliga alemá, antes de regresar ao fútbol español para xogar en Segunda coa Unió Esportiva Sant Andreu. Nos seus últimos anos como futbolista xogou no Caen francés, no Royal Antwerp belga e no Leixões portugués, antes de pechar a súa carreira no mesmo equipo no que a comezara, o Budapest Honvéd.
Selección húngara editar
Foi tres veces internacional coa selección húngara, coa que debutou en 1964, nun encontro amigable ante Iugoslavia. Formou parte do equipo húngaro no Mundial de 1966 en Inglaterra, aínda que non chegou a xogar ningún minuto na competición.[2]
Palmarés editar
- Budapest Honvéd
- Copa de Hungría (1): 1964.
- Standard de Liège
- Liga belga (1): 1968/69.
- Olympique de Marsella
- Copa de Francia (1): 1972.
- Individual
- Máximo goleador da liga belga (1): 1968/69.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Cabot, Toni (20 de maio de 2015). "Antal Nagy, el apátrida del gol descalzo" (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2021.
- ↑ "Hungría no Mundial de 1966". FIFA (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2022.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en footballdatabase.eu (en castelán).