A antífona (do latín antiphona, e este do grego ἀντίφωνος, significa voz que responde) é unha forma musical e litúrxica propia de todas as tradicións litúrxicas cristiás. Consiste nunha melodía xeralmente curta e sinxela, de estilo silábico, utilizada como refrán que se canta antes e despois dos versículos dun cántico, himno ou salmo, normalmente en latín, en varios servizos relixiosos do Oficio e da Misa, como as Vésperas.

Antífona do "Magnificat" para o luns.

Na contorna relixiosa, Introito, Ofertorio e Comuñón son coñecidos tamén como antífonas, antiphona ad introitum etc.

Musicalmente, é unha peza interpretada pola asemblea ou por dous coros que cantan alternativamente versículos dos salmos; este modo de cantar é coñecido como estilo antifonal, porque frecuentemente é asociada coa salmodia antifonal.

Na Idade Media era coñecida como un texto con melodía libre e sinxela que era cantada pola asemblea de fieis xunto aos salmos; tamén foi usada fóra da contorna litúrxica, aínda que mantiña un contido paralitúrxico.

É o tipo máis sinxelo de melodía de estilo libre e son moi frecuentes no Liber usualis.

A Sabedoría.

Especial importancia teñen as O Antiphons, para Advento, que se caracterizan por utilizar as palabras dun dos atributos de Deus ou Yaveh segundo as Sacras Escrituras.

Desde a Idade Media, as antífonas recompilábanse en manuscritos chamados antifonarios.

Historia editar

A súa orixe atópase probablemente no estilo repetitivo dos servizos litúrxicos xudeus. Segundo Sócrates de Constantinopla, foi introducida na igrexa cristiá de Antioquía por Ignacio de Antioquía (†107), que tivo unha visión de anxos cantando en coros alternos. San Ambrosio, bispo de Milán (340-397), introduciunas na igrexa cristiá occidental, recompilando cantos antifonais en libros chamados Antifonarios.

Naceu ao utilizar, adaptar e combinar elementos, centonización, dalgunhas melodías populares a novos textos.

Menciónase na descrición da viaxe de Exeria a Terra Santa, Itinerarium ad Tola Sancta, de finais do s. IV, onde fai referencia a prácticas da liturxia hebrea en Israel:

… himnos, antífonas e salmos responsoriais …
… et fiunt orationes cata singulos ymnos uel antiphonas …
… e rezaban oracións despois de cada himno (salmo?) coa súa antífona

Nas súas orixes, o verso antifonal repetíase probablemente despois de cada versículo dun salmo, himno ou cántico. Pero os seus usos litúrxicos fóronse modificando, cantándose no refrán antifonal só antes e ao rematar o canto. Na actualidade só se utiliza a entonación ou frase inicial da antífona antes do salmo, quedando o resto deste refrán para o final.

Algunhas pezas máis elaboradas, orixinariamente antífonas, desenvolvéronse para converterse en cantos independentes dun salmo ou cántico -as antífonas do Introito, o Ofertorio, a Comuñón etc.- que conservan un só verso ou ningún.

Agobardo (779), no seu Liber de Correctione Antiphonari, criticando as prácticas profanas e herexes, menciona:

… ninguén debe atreverse a cantar na igrexa melodías de responsorio e antífona con textos que non sexan da Biblia…

As antífonas recompiláronse inicialmente nos libros de salmos, salterio e de cánticos; un exemplo é un códice da Biblioteca do Mosteiro do Escorial, do s. X, e posteriormente nos Antifonarios.

Ao evolucionar independizáronse do salmo, constituíndo cantos independentes e reutilizables.

Na súa forma polifónica foron amplamente utilizadas durante a Idade Media e o Renacemento.

Desde comezos do Renacemento, a antífona e o motete tiñan a mesma estrutura. A antífona votiva evolucionou tendo cada vez un estilo máis florido; foi a forma musical máis estendida de finais do s. XV.

Características editar

  • Son os cantos máis frecuentes nos Oficios, sendo consideradas a orixe do canto chan.
  • Ao evolucionar, chegaron a constituír cantos independentes utilizados en distintos oficios.
  • As antífonas do Oficio están reunidas no antifonario.
  • Dentro do repertorio do canto gregoriano, pódense agrupar en dous tipos claramente diferenciados:
  • As antífonas do Magnificat da misa son as máis adornadas e nelas o salmo asociado redúcese a un versículo.

Antifonario editar

O Antiphonarium é un libro litúrxico-musical que complementa o misal e reúne o repertorio gregoriano de partes variables da Misa.

Inicialmente recompilaba unicamente o texto das antífonas. Co tempo, ao evolucionar e facerse máis extensas e variadas, tamén se incluíron a música e todos os cantos da liturxia.

Un Antifonario importante, polo seu contido e por estar conservado completo, é o Antifonario 8 do Arquivo Catedralicio de León do século X.

Outros exemplos destacados son os Antifonarios dos mosteiros de Silos, San Juan de la Peña e San Zoilo de Carrión.

Xénero musical editar

As antífonas máis antigas, como as do Magnificat, son moi adornadas, xeralmente de estilo pneumático. As antífonas cantadas durante os oficios da Misa, xeralmente son simples e curtas, de estilo silábico.

Estilo editar

Nas súas orixes eran melodías curtas, sinxelas, libres e eminentemente silábicas; ao longo do século XII incorporaron a polifonía.

A maior parte das antífonas conservadas nas liturxias cristiás, sobre todo as do Rito romano e o Rito hispánico, gardan un estilo melismático bastante sinxelo, reflexo da súa orixe nos cantos responsoriales.

Estrutura editar

Considerando a súa forma de interpretación, obtéñense as seguintes estruturas básicas:

A = antífona V = versículo do salmo

  * A V A1
  * A V1 A V2 A …
  * A V1V2 A V3V4 A V1V2 A …
  * A1A2 V1 A1A2 V2 A1 A2 …

Interpretación editar

A antífona podía aparecer ao principio, final ou entre cada un ou dous versos do salmo. Nas súas orixes, cando musicalmente era unha melodía libre e sinxela, era interpretada pola asemblea de fieis. Posteriormente, ao evolucionar e precisar técnicas musicais máis elaboradas, esta función foi paulatinamente asumida polo coro, que alternativamente recitaba os versos do salmo. Descoñécese se se utilizaban instrumentos musicais.

Tipos editar

Antífonas simples editar

Formadas por unha ou dúas frases cuxo texto bíblico se toma do salmo ao que vai unida.
Exemplo: Verbum caro
 
Antífona: Verbum caro. Fragmento de Breviario do s.XII. Arquivo ACCO, Catedral de Ourense.

Antífonas melismáticas editar

Rezos interpretados musicalmente sen texto asociado.

Antífona de responsorio amplo editar

É unha forma musical con refrán.
Deu lugar ao canto antifonal, dous semicoros altérnanse no canto.

Antífona salmódica editar

É o canto de salmos no que se alternan grupos de intérpretes.

Antífona mariana editar

Antífona dedicada á Virxe María.
Non son de estilo salmódico.
Hai catro antífonas marianas:
Alma Redemptoris Mater
Ave Regina Caelorum
Regina Caeli
Salve Regina

Antífona estilo motete editar

Exemplo:
Ave Regina caelorum de Power

Antífona coral editar

Dous ou máis grupos de cantores, interpretan alternadamente.
Este tipo é o máis significativo do Renacemento e comezos do Barroco. Constitúe unha característica da chamada Escola veneciana, aínda que continuou sendo amplamente usada despois do s. XVI en Italia, España e Alemaña, onde alcanzou gran popularidade.

Antífona procesional editar

É considerada a orixe do drama litúrxico.
Exemplo:
Quem quaerititis in sepulchro, antífona procesional de Pascua.

Antífona votiva editar

Antífona cun versículo, unha resposta e unha pregaria.
Adoita estar dedicada a un santo particular.
É o tipo de estilo máis florido; foi a forma musical máis estendida desde finais do s. XV.
Nalgúns casos pódese confundir facilmente cun motete.
John Dunstable foi un compositor destacado deste tipo de antífona.
Exemplo:
Crux fidelis, de John Dunstable.

Composicións editar

  • Ad che levavi, a ti levantei a miña alma.
  • Alma Redemptoris Mater, Nai do Redentor, antífona mariana do Advento e Nadal.
  • Ave Regina Caelorum, Ave, Raíña dos Ceos, antífona mariana da Coresma.
  • In templo Domini, no templo do Señor.
  • Iste sanctus, este santo, antífona conmemorativa.
  • Justus ut palma
  • O Christi pietas, Oh piedade de Cristo, do oficio de San Nicolás.
  • Quis revolvit, antífona alemá.
  • Regina Caeli, antífona mariana do final da Pascua.
  • Salve Regina, antífona mariana cantada durante o resto do ano fóra do Advento e Nadal.
  • Solvite templum hoc.
  • Vide ad Petrum, do Xoves Santo.
  • Verbum caro, antífona VIII do Responsorio, Breviario s. XII, Catedral de Ourense.

Multimedia editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Diccionario Harvard de Música, 2008, edic. esp. Alianza Editorial, ISBN 978-84-206-5254-2
  • Diccionario Grove de Música y Músicos, Oxford University Press.
  • Itinerario de la Virgen Egeria, A. Arce, Madrid BAC, 1980
  • Richard H. Hoppin (2000). La Música medieval. Akal. 84-7600-683-7. 
  • Ismael Fernández de la Cuesta (2004). Historia de la música española, Vol. 1. Desde los orígenes hasta el Ars nova. Alianza Editorial. 84-206-6473-1 (TomoI). 
  • John Caldwell (1991 edic. cast.). La música medieval. Alianza Editorial. 84-206-8518-6. 
  • Kurt Honolka y otros (1970). Historia de la música. Edit. EDAF. M 14046-1970. 
  • Manuel Rey Olleros. La Música Medieval en Ourense, Vol. 1 Pergaminos musicales. Xunta de Galicia. 
  • Henry Lavoix (Hijo) (1909). Historia de la Música. La España Editorial. 
  • Josef Reiss (1924-25). Pauli Paulirini de Praga Tractatus de musica, 1460, Zeitschrift für Musikwissenschaft 7: 261-64. 
  • Liber usualis, códice LU e códice Coloniensis 261, 339v da Abadía de S. Gall (Suiza). 
  • Analectia Hymnica Medidi Aevi, Ms. Pietro de Medicis, Cod. Laurentian 29,1. s. XIII. 

Ligazóns externas editar