Canto chan ou canto plano,[1] é a música vocal tradicional das liturxias do cristianismo, que é o oficial do rito romano.

Manuscrito de canto chan. Igrexa de San Francisco de Évora.

Características

editar

É por esencia monódico, é dicir, consta dunha única liña melódica, e xeralmente cántase a capella. Articúlase mediante un ritmo libre, o cal é esencial segundo todo tratado antigo que versa a este respecto.

Habitualmente era interpretado nun contexto monástico, onde era ensinado por cantores especializados formados nas Scholas Cantorum instituídas, segundo di a tradición, por san Gregorio Magno, coa constitución das catedrais e o establecemento da profesión de chantre ou a de mestre de capela. Nestes recaería a ensinanza do canto chan e, deste xeito, formulouse como parte integral da liturxia romana común da Igrexa católica.

  1. Canto plano en bUSCatermos da USC.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.