Anne e Patrick Poirier

Anne Poirier, nada o 31 de marzo de 1942 en Marsella) e Patrick Poirier, nado 5 de maio de 1942 en Nantes, son unha parella de artistas franceses.

Modelo:BiografíaAnne e Patrick Poirier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Grupoparella casada
artistic duo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Anne Poirier (pt) Traducir (Marsella, 31 de marzo de 1942 - ). Artista
Patrick Poirier (pt) Traducir (Nantes, 1941 - ). Pintora Editar o valor en Wikidata
NacementoMarsella e Nantes. A súa relación como dúo artístico naceu en París na súa época de estudantes.
Actividade
Xénero artísticoArte contemporánea Editar o valor en Wikidata

Traxectoria e traballo artístico

editar

Anne e Patrick Poirier estudaron na École Nationale Supérieure des Arts Décoratifs de París de 1963 a 1966. Despois de gañar o Prix de Rome, viviron na Villa Medici de Roma de 1969 a 1971 como bolseiros da Académie de France en Roma.[1]

A estadía de ambos en Roma, onde presenciaron de primeira man as obras arqueolóxicas da Antigüidade, unha viaxe a Angkor no ano 1970, así como as experiencias da súa infancia na Francia destruída pola guerra, foron determinantes para a súa creación artística; O tema central das obras creadas polos Poirier é a memoria cultural, pero tamén o esquecemento. Consideran que a súa arte está próxima á arqueoloxía:[2]

“A memoria é a condición de todo acto creativo, de cada construción de futuro, pero tamén consistimos no esquecemento. Non hai memoria sen este enorme e poderoso contrapeso do esquecemento. O creador é só un arqueólogo da memoria e esquecemento"

Moitas das obras dos Poirier conteñen citas e escenografías da Antigüidade, que a parella de artistas organiza en novos contextos de significado: columnas tronzadas e rotas ou zonas oculares sobredimensionadas do "David" de Michelangelo. Iso fai que Anne e Patrick Poirier sexan considerados parte da corrente de "aseguramento de rastros" (tal como nas técnicas forenses de reconstrución).[3]

 
"Depósito da memoria e do esquecemento", 1992; Museo Ludwig, Koblenz

Obras (selección)

editar
 
Fonte da Medusa en Henriettenplatz en Berlín-Halensee, distrito de Charlottenburg-Wilmersdorf. 1987
 
Folie de Pontevedra, vista de conxunto.
  • Ostia antica. 1971–1972
  • Domus aurea. 1975–1977
  • La grande colonne noire du Suchères. 1984–1985
  • "Gorgobrunnen Medusa“, 1987
  • Oculus historiae, oculus memoriae, oculus oblivionis. 1989–1990
  • Mnemosyne. 1990–1991
  • De la Fragilité du Pouvoir. 1989–1992
  • Dépot de mémoire et d'oubli. 1992. Museum Ludwig Koblenz
  •  
    Unhas das estancias de Folie de Pontevedra, no Parque da illa das Esculturas.
    Folie de Pontevedra. Hortus conclusus na illa das Esculturas. 1999
  • Danger zone. 2001
  • War game. 2002
  • Memoria Mundi. 2002, Kunstweg MenschenSpuren, Neandertal

Exposicións (selección)

editar
  • Galerie Maenz Colonia, 1972
  • Biennale de París, 1973
  • Kunstverein en Hamburgo, 1974
  • Bienal de Venecia, 1976, 1980, 1984
  • Documenta 6 Kassel, 1977
  • Musée National d'Art Moderne de París, 1978
  • Galería Municipal da Lenbachhaus de Múnic, 1988
  • Museo de Arte Moderna de Viena, 1994
  • Centro de Arte Contemporáneo Linz, 2002 [4]
  • Waldfrieden Sculpture Park, Wuppertal, do 29 de outubro de 2016 ao 8 de xaneiro de 2017[5]

Notas

  1. "Résidents Archivi". Villa Medici (en francés). Consultado o 2024-06-24. 
  2. Citado en Helmut Friedel (ed.) e Petra Giloy-Hirtz na Guía de Arte para Múnic en Espazos Públicos 1972-1979 "Wegweiser Kunst für München im öffentlichen Raum 1972-1979". Hugendubel, Múnic, 1997 ISBN 3-88034-957-6, Páx. 151
  3. Günter Metken: Spurensicherung: Kunst als Anthropologie und Selbsterforschung. DuMont Reiseverlag, Ostfildern 1982, ISBN 3-7701-0954-6 (en alemán)
  4. Anne & Patrick Poirier Arquivado 24 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.. kunstaspekte.de, abgerufen am 5. Februar 2010
  5. Breve descrición do sitio web do Waldfrieden Sculpture Park, consultada o 17 de setembro de 2016 Arquivado 28 de novembro de 2021 en Wayback Machine. (en alemán)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Aleida Assmann: Erinnerungsräume. Formen und Wandlungen des kulturellen Gedächtnisses. C. H. Beck, München 1999, ISBN 3-406-50961-4.
  • Jan Assmann: Krypta – Bewahrte und verdrängte Vergangenheit. Künstlerische und wissenschaftliche Explorationen des kulturellen Gedächtnisses. In: Bernhard Jussen (Hrsg.): Archäologie zwischen Imagination und Wissenschaft: Anne und Patrick Poirier. Wallstein, Göttingen 1999, ISBN 3-89244-347-5.
  • Helmut Friedel (Hrsg.) und Petra Giloy-Hirtz: Wegweiser Kunst für München im öffentlichen Raum 1972–1979. Hugendubel, München 1997, ISBN 3-88034-957-6.
  • Doris Angermann: Ensemble „Oculus historiae“. In: Steffi Roettgen (Hrsg.): Skulptur und Plastik auf Münchens Straßen und Plätzen. Kunst im öffentlichen Raum 1945–1999. IDEA-Verlag, Puchheim 2000, ISBN 3-88793-150-5.

Ligazóns externas

editar