Anne Marie Morris
Anne Marie Morris, nada en Evanston (Illinois) o 30 de maio de 1916 e finada en Gresham (Oregón) o 3 de outubro de 1999, foi unha escritora estadounidense[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1916 Evanston, Estados Unidos de América |
Morte | 3 de outubro de 1999 (83 anos) Gresham, Estados Unidos de América (pt) |
Actividade | |
Ocupación | profesora, escritora |
Traxectoria
editarEn 1950 comezou os estudos superiores na Universidade de California, que non puidera iniciar antes polo traballo e o coidado dos fillos. Estudou linguas románicas, entre elas o portugués e o francés, e ensinou italiano e castelán no Shorter College de Rome (Xeorxia).
Cara a 1955 descubriu a lingua galega lendo na obra Aromas de leyenda de Ramón María del Valle-Inclán os versos populares "Como chove miudiño...". Despois leu a Rosalía de Castro e Curros Enríquez, e coñeceu o profesor exiliado Xosé Rubia Barcia, da Universidade de California. En 1964 publicou Voz fuxitiva na colección Salnés de Editorial Galaxia, con limiar de Ernesto Guerra da Cal[2]. En 1993 participou no congreso Poetas alófonos en lingua galega, organizado por Xesús Alonso Montero[3].
Notas
editar- ↑ "Anne Marie Morris, a norteamericana que escolleu o galego para se facer poeta", artigo na web da Real Academia Galega, 23 de xuño de 2016.
- ↑ "Voz fuxitiva, por Anne Marie Morris", recensión de Bernardino Graña na revista Grial nº8, 1965. Páx. 247-249
- ↑ "Anne Marie Morris: centenario", artigo de Xesús Alonso Montero en La Voz de Galicia, 24 de xuño de 2016.