Anne Heche

actriz estadounidense

Anne Celeste Heche, nada o 25 de maio de 1969 en Aurora, Ohio, e finada o 12 de agosto de 2022, foi unha actriz, realizadora, escenógrafa e produtora norteamericana. Acadou gran fama a nivel mundial durante a súa relación coa actriz e presentadora Ellen DeGeneres e a posterior ruptura.

Anne Heche
Anne Heche July 14, 2014 (cropped).jpg
Anne Heche o 14 de xullo de 2014.
Nome completoAnne Celeste Heche
Nacemento25 de maio de 1969 (54 anos)
LugarAurora, Ohio, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento12 de agosto de 2022, 14 de agosto de 2022 e 11 de agosto de 2022
LugarOs Ánxeles
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enOcean City High School e Francis W. Parker School
NaiNancy Heche
Cónxuxe(s)Ellen DeGeneres (1997–2000)
Coleman Laffoon (2001–2009)
James Tupper (2007–presente)
Fillos2
ProfesiónActriz, guionista, directora de cine
(1987-presente)
Na rede
http://www.anneheche.com/
IMDB: nm0000162 Allocine: 19155 Rottentomatoes: celebrity/anne_heche Allmovie: p31463 TCM: 83905 Metacritic: person/anne-heche TV.com: people/anne-heche IBDB: 100821
Twitter: AnneHeche Instagram: anneheche Musicbrainz: 7c3858a8-f224-48a4-82da-0a449f647eb4 Discogs: 340493 WikiTree: Heche-2 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Anne Heche comezou a súa carreira con 12 anos como corista nun café teatro para contribuír á subsistencia da súa familia. Descuberta por un cazatalentos aos 15 anos, cando participaba nas obras de teatro do seu instituto, rexeitou participar na serie As the world turns para poder seguir axudando á súa familia.

Éxito precozEditar

Finalmente, con 17 anos e despois de obter o seu diploma, partiu cara Nova York para participar na serie de televisión Another World interpretando ás xemelgas Vicky Hudson Frame e Marley McKinnon. As súas actuacións durante catro anos na serie supuxéronlle a consecución dun Daytime Emmy Award en 1991.

Carreira no cineEditar

Anne Heche abandonou esta serie en 1991 para comezar a súa carreira cinematográfica. Despois dunha serie de filmes de pouco éxito, destacou en obras como Walking and Talking en 1996 e posteriormente con The Juror (O Xurado) xunto a Demi Moore. Pero foi a actuación como muller de Johnny Depp en Donnie Brasco o que lle valería as louvanzas da crítica. Participou posteriormente en Volcano ao lado de Tommy Lee Jones.

PasamentoEditar

En agosto de 2022 sufriu un accidente de tránsito que lle provocou unha ferida anóxica cerebral severa, polo que estivo en coma en situación crítica. A súa familia comunicou que non se esperaba que sobrevivise, pero que a súa elección sempre fora doar os seus órganos e que se mantiña nun sistema de soporte vital para determinar se algún deles era viable[1].

Filmografía como actrizEditar

Filmografía como directoraEditar

NotasEditar

  1. "Morre a actriz Anne Heche polas feridas do seu accidente de tránsito". Faro de Vigo. 2022-08-12. Consultado o 2022-08-12. 

Véxase taménEditar