Anna Seghers

escritora alemá

Anna Seghers (pseudónimo de Netti Radványi, nada Netti Reiling), nada o 19 de novembro de 1900 en Mainz, Imperio Alemán, morta en Berlín Leste, República Democrática Alemá 1 de xuño de 1983, foi unha escritora alemá e presidenta de Unión de escritores da República Democrática Alemá entre 1952 e 1978.

Anna Seghers
Anna Seghers (Bundesarchiv-Bild 183-F0114-0204-003) – retouched by Carschten.jpg
Nome completoNetty Reiling
Nacemento19 de novembro de 1900
Lugar de nacementoMaguncia
Falecemento1 de xuño de 1983
Lugar de falecementoBerlín Leste e Berlín
SoterradaDorotheenstädtischer Friedhof
NacionalidadeAlemaña, República Democrática Alemá e Hungría
Alma máterUniversidade de Heidelberg e Universidade de Colonia
Ocupaciónescritora, novelista e escritora de ciencia ficción
CónxuxeJohann Lorenz Schmidt
FillosPierre Radvanyi
Coñecida porThe Seventh Cross
Premioscidadán de honor de Berlín, Orden de karl Marx, Patriotic Order of Merit in gold, National Prize of East Germany, Star of People's Friendship, Johannes-R.-Becher-Medaille, Bandeira Vermella do Traballo, Kleist Prize, International Stalin Prize for Peace, Hero of Labour, Orde da Revolución de Outubro, honorary doctor of the University of Jena e Orde da Amizade dos Pobos
Na rede
http://www.anna-seghers.de/
IMDB: nm0782037 Allocine: 92062 Allmovie: p314679
Musicbrainz: 7b9e08e8-7786-4b2c-97f0-8a440c89b680 Discogs: 1027476 WikiTree: Reiling-69 Find a Grave: 8379875 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Orixe e EducaciónEditar

Anna Seghers foi filla única do vendedor de arte e antigüidades Isidor Reiling e da súa muller, Hedwig. O pai era membro da sinagoga ortodoxa da cidade. Estudou dende 1907 nunha escola privada e despois na escola para rapazas Höhere Mädchenschule en Mainz. Durante a Primeira Guerra Mundial colaborou nos servizos de socorro. En 1920 aprobou a Abitur ( exame que permite o acceso a estudos superiores). Estudou en Colonia e Heidelberg Historia, Historia do Arte e Sinoloxía. En 1924 presentou a súa tese doutoral na Universidade de Heidelberg, cunha disertación sobre o xudaísmo na obra de Rembrandt

Matrimonio e primeiras publicaciónsEditar

En 1925 casou co sociólogo húngaro László Radványi, tamén de orixe xudía, que cambiou o seu nome a Johann Lorenz Schmidt despois da voda. A parella marchou a Berlín onde tivo dous fillos . O seu fillo Peter (Pierre) Radványi, nado en 1926, é físico e autor dun libro de memorias sobre súa nai. En 1924 publicou nun xornal o seu primeiro conto Die Toten auf der Insel. O seu relato Grubetsch que apareceu en 1927 firmado co pseudónimo ‘’’Seghers’’’, tomado do pintor e augafortista neerlandés Hercules Seghers, fixo supor á crítica que se trataba dun home. En 1928 naceu a súa filla Ruth e publicou o seu primeiro traballo en forma de libro, Aufstand der Fischer von St. Barbara (Sublevación dos pescadores de Sta. Bárbara) co pseudónimo Anna Seghers, polo que recibiu o premio Kleist. En 1928 entrou no Partido Comunista Alemán. Foi membro fundador da Unión de Escritores Proletarios Revolucionarios (Bund proletarisch-revolutionärer Schriftsteller). En 1930 viaxou á Unión Soviética. Coa chegada ao poder do nazismo os seus libros foron prohibidos e queimados e foi arrestada durante un breve período pola Gestapo. Puido fuxir a Suíza e, de alí , a París.

ExilioEditar

Durante o seu exilio en París escribiu en revistas para emigrantes alemáns. En 1935 estivo entre os fundadores do Schutzverband deutscher Schriftsteller (Unión de defensa dos escritores alemáns ) en París. Despois do inicio da Segunda Guerra Mundial e posterior invasión alemá de Francia o home de Seghers foi internado no campo de concentración de Le Vernet. A escritora e os seus fillos puideron escapar de París cara o sur de Francia. Dende Marsella ocupouse en liberar ao seu home do campo de concentración e en preparar a fuxida de Francia. Coa axuda do cónsul mexicano Gilberto Bosque acadou finalmente os seus obxectivos e toda a familia puido deixar Europa. As experiencias desa época son parte da súa novela Transit. En marzo de 1941, chega a México onde o seu marido encontra traballo en diversas universidades. Anna Seghers funda o Club Heinrich Heine, unha asociación antifascista da que foi presidenta, colabora na fundación do Movemento pola Alemaña Libre e da revista do mesmo nome. En 1942 publica en México e nos Estados Unidos a novela Das siebte Kreuz (A sétima cruz), que foi levada ao cine en 1944 por Fred Zinnemann e a fixo mundialmente coñecida. Pola causa dun accidente de tráfico que sufriu en tivo que pasar unha longa tempada nun hospital.

Regreso a AlemañaEditar

Despois da fin da guerra, en 1947, Seghers regresou a Berlín, onde primeiro viviu na parte oeste. Ese mesmo ano recibiu o premio Georg-Büchner. En 1950 trasladouse a Berlín Leste, onde foi nomeada membro da Academia Alemá das Artes e, en 1951, recibiu o Premio Nacional da RDA. Foi presidenta da Unión de Escritores da RDA do 1952 ao 1978, ano en que faleceu o seu home. Non tomou partido no proceso no que se acusou ao seu editor Walter Janka de ‘‘conspiración contrarrevolucionaria’’ . Janka foi condenado á cadea a posteriormente rehabilitado. En 1961 opúxose a expulsión de Heiner Müller da Unión de Escritores, que lle supoñía, de facto, a imposibilidade de seguir publicando . Anos despois, en 1979, non se manifestou cando nove autores, críticos coa política da República Democrática Alemá, foron expulsados da Unión de Escritores. En 1975 recibiu o título de cidadá honoraria de Berlín e en 1981 da cidade de Mainz . Anna Seghers finou en 1983 e foi enterrada con honores no Dorotheenstädtischen Friedhof en Berlin. A rúa Volkswohlstraße onde viviu foi renomeada Anna-Seghers-Straße e é a sede dun museo dedicado á autora.

ObraEditar

Os primeiros traballos de Anna Seghers foron clasificados dentro da corrente da Neue Sachlichkeit, que procuraba a representación obxectiva da realidade. No exilio Seghers, ademais da súa importancia como organizadora de agrupacións literarias, escribiu con Transit e Das siebte Kreuz dúas das novelas en alemán máis significativas da súa época. A súa obra na RDA ten as características propias do realismo socialista.

  • 1924/1925: Tagebuch, diarios, publicados despois a morte da autora.
  • 1924: Die Legende von der Reue des Bischofs Jehan d’Aigremont von St. Anne in Rouen. Relato.
  • 1924: Die Toten auf der Insel Djal., relato.
  • 1925: Jans muß sterben
  • 1928: Aufstand der Fischer von St. Barbara. , novela.
  • 1930: Auf dem Wege zur amerikanischen Botschaft und andere Erzählungen., relatos.
  • 1932: Die Gefährten.
  • 1933: Der Kopflohn.
  • 1934: Der letzte Weg des Koloman Wallisch.
  • 1935: Der Weg durch den Februar.
  • 1936: Der Prozess der Jeanne d’Arc zu Rouen 1431, radio teatro.
  • 1937: Die Rettung.
  • 1938: Die schönsten Sagen vom Räuber Woynok, Sagen von Artemis.
  • 1941: Das Obdach.
  • 1942: Das siebte Kreuz.
  • 1943: Der Ausflug der toten Mädchen.
  • 1944: Transit.
  • 1945: Das Ende
  • 1946: Die drei Bäume.
  • 1946: Post ins Gelobte Land.
  • 1946: Die Saboteure.
  • 1947: Die Feier.
  • 1948: Sowjetmenschen. Lebensbeschreibungen nach ihren Berichten.
  • 1948: Das Argonautenschiff.
  • 1948: Wiedereinführung der Sklaverei in Guadeloupe.
  • 1949: Die Toten bleiben jung.
  • 1949: Die Hochzeit von Haiti.
  • 1950: Die Linie.
  • 1950: Der Kesselflicker.
  • 1951: Crisanta.
  • 1951: Die Kinder.
  • 1952: Der Mann und sein Name.
  • 1953: Der Bienenstock.
  • 1954: Gedanken zur DDR.
  • 1958: Brot und Salz.
  • 1959: Die Entscheidung]].
  • 1961: Das Licht auf dem Galgen, conto.
  • 1963: Über Tolstoi. Über Dostojewski.
  • 1965: Die Kraft der Schwachen]]: (Agathe Schweigert, Der Führer, Der Prophet, Das Schilfrohr, Wiedersehen, Das Duell, Susi, Tuomas beschenkt die Halbinsel Sorsa, Die Heimkehr des verlorenen Volkes)
  • 1967: Das wirkliche Blau. Eine Geschichte aus Mexiko.
  • 1968: Das Vertrauen.
  • 1969: Glauben an Irdisches.
  • 1970: Briefe an Leser.
  • 1970: Über Kunstwerk und Wirklichkeit.
  • 1971: Überfahrt, Eine Liebesgeschichte.
  • 1972: Sonderbare Begegnungen.
  • 1977: Steinzeit]], Wiederbegegnung.
  • 1980: Drei Frauen aus Haiti.
  • 1990: Der gerechte Richter (escrita en 1957, e non publicada daquela por causas políticas).
  • 2019: Mit einer Flügeltür ins Freie fliegen. (cartas e conversas non publicadas aínda)

Adaptacións ao cineEditar

  • Der Aufstand der Fischer (Dirixida por: Erwin Piscator, 1934 URRS)
  • Das siebte Kreuz (Dirixida por: Fred Zinnemann, 1944 USA)
  • Die Toten bleiben jung (Dirixida por: Joachim Kunert, 1968)
  • Das Duell (Dirixida por: Joachim Kunert, 1969)
  • Aus unserer Zeit (Episodio 2, 1970)
  • Die große Reise der Agathe Schweigert (Dirixida por: Joachim Kunert, 1972)
  • Das Schilfrohr (Dirixida por: Joachim Kunert, 1974)
  • Die Tochter der Delegierten (Dirixida por: Wojciech Fiwek, 1977)
  • Das Obdach (Dirixida por Ursula Schmenger, Hannes Wlasinger, 1981)
  • Der Mann und sein Name (Dirixida por Vera Loebner, 1983)
  • Die Überfahrt (Dirixida por: Fritz Bornemann, 1984)
  • Das wirkliche Blau (Dirixida por Christa Mühl]], 1986)
  • Der Aufstand der Fischer von St. Barbara (Dirixida por: Thomas Langhoff, 1988)
  • Der gerechte Richter (Dirixida por: Torsten C. Fischer, 2000)
  • Transit (Dirixida por: Christian Petzold, 2018)