Anita Loos

escritora estadounidense

Corinne Anita Loos, nada en Sisson (California) o 26 de abril de 1888[1][2] e finada en Nova York o 18 de agosto de 1981, foi unha guionista, dramaturga e escritora estadounidense. En 1912, converteuse na primeira muller guionista contratada en Hollywood, cando D. W. Griffith a contratou para Triangle Film Corporation. É coñecida pola súa novela cómica de 1925 Gentlemen Prefer Blondes, e a súa adaptación para Broadway da novela de Colette Gigi.

Anita Loos
Anita Loos - Apr May 1920 MP.jpg
Nacemento26 de abril de 1889 e 26 de abril de 1888
Lugar de nacementoMount Shasta
Falecemento18 de agosto de 1981
Lugar de falecementoNova York
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradaEtna
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterSan Diego High School
Ocupaciónescritora, guionista, novelista, autobiógrafa, actriz de cinema e memorialista
PaiR. Beers Loos
Cónxuxevalor descoñecido e John Emerson
Coñecida porGentlemen Prefer Blondes
Na rede
IMDB: nm0002616 Allocine: 86455 Allmovie: p100126 IBDB: 4139
Discogs: 1496879 Find a Grave: 6158473 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a traballar no teatro, co seu pai que foi director, e aos 12 anos xa escribía guións para o cinema. Con vinte anos, Loos xa era guionista profesional. En 1911 vendeu o guión do filme The New York Hat,[3] producido en 1912 por D. W. Griffith e protagonizado por Mary Pickford e Lionel Barrymore. Ela descubriu a Douglas Fairbanks,[4] que se converteu nunha das grandes figuras do cinema mudo de Hollywood e para o que escribiu moitos guións entre 1916 e 1919.

En 1919 Loos casou co escritor e director John Emerson e xuntos comezaron a escribir e producir os seus propios filmes. Nos anos trinta soubo adaptarse ao cinema sonoro e desde 1932 e durante 18 anos traballou para a Metro-Goldwyn-Mayer, á que deu algúns dos seus maiores éxitos: Red-Headed Woman (1932), que consagrou a Jean Harlow (1936) e Saratoga (1937), ambos con Clark Gable.[5][6]

Tamén escribiu obras de teatro, novelas e adaptacións, como Gigi de Colette. Ademais, escribiu regularmente para a prensa para Harper's Bazaar, Vanity Fair e The New Yorker.[7][8]

É coñecida sobre todo pola súa novela Gentlemen Prefer Blondes (1926), que axiña se converteu nun éxito de vendas e deu lugar a filmes e musicais, como o protagonizado por Marilyn Monroe e Jane Russell. Escrito en forma de diario, cheo de humor descarado e situacións cómicas e facendo uso da elegancia, a ironía e a fantasía, converteuse nunha referencia inevitable na literatura popular do século XX.[9]

Despois escribiu a continuación, But Gentlemen Marry Brunettes (1928), ademais doutras novelas como A Mouse Is Born (1951) e No Mother To Guide Her (1961), e memorias como A Girl Like I (1965) e Goodbye to Hollywood with a Kiss (1974).[6]

ObrasEditar

FicciónEditar

NotasEditar

  1. Loos, Anita (2003-11-10). Anita Loos Rediscovered: Film Treatments and Fiction by Anita Loos, Creator of Gentlemen Prefer Blondes (en inglés). University of California Press. ISBN 978-0-520-22894-8. 
  2. Whitman, Alden (1981-08-19). "Anita Loos Dead at 93; Screenwriter, Novelist". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-08-04. 
  3. Loos. 1966.
  4. Norman. 2007.
  5. "Anita Loos" (en inglés). Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2020-04-24. 
  6. 6,0 6,1 "Anita Loos". Alba Editorial. Consultado o 30 de maio de 2021. 
  7. Funk, Charles Earle (1936). What's the Name, Please?. Nova York: Funk & Wagnalls. 
  8. "Anita Loos: Versió femenina". betevé (en catalán). 2019-06-07. Consultado o 2020-04-24. 
  9. Gámez, Carles (2015-08-27). "'Material girl' a los 90 años". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar