Angra Pequena

Coordenadas: 26°37′35″S 15°08′32″L / -26.62639, -15.14222

Angra Pequena (en portugués "Baía pequena") é unha baía na costa meridional da África, onde se sitúa a cidade namibiana de Lüderitz.

A baía Angra Pequena

HistoriaEditar

Descubrimento e primeiros séculosEditar

A baía foi descuberta o día 24 de xullo de 1488 polo navegante portugués Bartolomeu Dias, que viaxava ao servizo do rei Xoán II de Portugal. Ao día seguinte, erixiu un monumento, unha cruz de pedra, dedicada a apóstolo Santiago no día da súa conmemoración. A cruz orixinal resistiu até inicios do século XIX, tendo seus fragmentos levados posterormente a museos, en Suráfrica e Portugal. Unha réplica sinala o lugar desde 1988.

Durante algún tempo tiveo a denominación de Angra de São Christóvão, pero é como Angra Pequena como aparece en case todos os mapas até o inicio do século XX.

Aínda que foi frecuentemente visitada e descrita por navegantes de varias nacionalidades, que alí buscaba abrigo das correntes marítimas, as súas condicións de extrema aridez inibiron calquera intención de poboamento.

En xaneiro de 1793 os neerlandeses reclamaron aos ingleses Walvis Bay, situada ao norte de Angra Pequena, e ocuparona.

Colonia alemá a finais do século XIXEditar

Soamente a mediados do século XIX, a presenza de guano nas illas costeiras atraeu o interese dos británicos, que reivindicaron a súa posesión, sen poder, porén, estabelecer unha actividade exploratoria permanente, debido á rápida extinción do recurso.

Na década de 1880 o comerciante bremés Adolf Lüderitz interesouse pola rexión e, en 1883 adquiriu a faixa costeira ao redor da baía, aos nativos namas e hereros. Debido a diverxencias en canto á demarcación do territorio e a ameaza de que os pobos locais pedisen auxilio aos ingleses, Lüderitz solicitou a protección do Imperio alemán.

O 24 de abril de 1884 os dereitos de Lüderitz foron cedidos ao goberno alemán e, o día 7 de agosto seguinte a rexión foi declarada protectorado de Alemaña polo chanceler Otto von Bismarck. Este acto deu inicio á ocupación alemá da rexión, que duraría até a Primeira Guerra Mundial.

En 1840 os alemáns, no Repartimento de África, tomaron posesión de todo o territorio e colonizárono co nome de África do Suroeste alemá (nome imposto en 1884).

Século XXEditar

Como resultado da súa derrotada na Primeira Guerra Mundial, Alemaña perdeu todas as súas colonias, e a Sociedade de Nacións confiou a Suráfrica a administración temporal da África do Suroeste Alemá mediante un mandato, aínda que Namibia foi unha provincia de facto. Anos máis tarde a Organización das Nacións Unidas e a Corte Internacional de Xustiza declararon en numerosas ocasións ilegal a ocupación surafricana.

Durante a ocupación surafricana impúxose o sistema de segregación racial (apartheid) e leváronse a cabo mobilizacións forzadas de persoas. Enormes granxas foron asignadas a granxeiros de ascendencia europea, mentres que os nativos africanos foron relegados aos territorios máis pobres. En resposta a isto, creáronse diversas forzas opositoras ao réxime do apartheid: a máis importante delas o SWAPO, que se convertería finalmente no representante oficial do pobo de Namibia na ONU.

Baixo a presión internacional, Suráfrica acordou abandonar o territorio e supervisar a transición á súa independencia, que se alcanzou o 21 de marzo de 1990.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar