Adolf Lüderitz

Fundador da colonia alemá da África do suroeste


Franz Adolf Eduard Lüderitz, nado o 16 de xullo de 1834 en Bremen, e finado o 24 de outubro de 1886, foi un comerciante alemán, fundador da primeira colonia alemá na África do Suroeste.

Infotaula de personaAdolf Lüderitz

Adolf Lüderitz en 1885
Biografía
Nacemento(de) Franz Adolf Eduard Lüderitz Editar o valor em Wikidata
16 de xullo de 1834
Bremen
Morte24 de outubro de 1886
África Suroccidental alemá (hoxe Namibia)
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (afogamento no río Orange)
Q27924600 Traducir
12 de maio de 1883 – 24 de abril de 1884 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadealemá
Actividade
Lugar de traballo Sudoeste Africano Alemão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncomerciantee
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
IrmánsAugust Lüderitz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Deu tamén o seu nome á cidade namibia de Lüderitz.

Traxectoria editar

Naceu en Bremen, onde se ocupou do negocio de tabaco co seu pai. Desde 1854 até 1859 viviu nos Estados Unidos.

Á morte do seu pai, que morreu en 1878, Adolf Lüderitz fíxose cargo do negocio, no que tivo moito éxito. En 1881 estableceu unha fábrica en Lagos, na colonia británica de África Occidental. Aínda que non puido prosperar fronte a competencia estranxeira.

A pesar deste fracaso, Lüderitz mantivo os seus plans en África, encontrando o apoio do xove comerciante, tamén bremés, Heinrich Vogelsang. Ambos decidiron fundar unha colonia alemá no suroeste de África, xa que esta zona nunca fora ocupada por ningunha outra potencia colonial. Así, en 1883 adquiriu terras alí, que colocou baixo a protección do Imperio alemán en 1884, dando orixe á colonia da África Suroriental alemá.

Morreu afogado no río Orange o 24 de outubro de 1886.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Drechsler, Horst (1987): Lüderitz, Adolf, en Neue Deutsche Biographie (NDB). Tomo 15. Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-4280-0196-6.
  • Drechsler, Horst (1980): Let us die Fighting. The Struggle of the Herero and Nama against German Imperialism (1884 - 1915). Londres: Zed Press,. ISBN 0-9057-6237-1.
  • Drechsler, Horst (1996): Südwestafrika unter deutscher Kolonialherrschaft. Teil: 2, Die großen Land- und Minengesellschaften (1885 - 1914). Berlin: Akademie Verlag. ISBN 33-5150-6689-6.
  • Stoecker, Helmuth (1991): Drang nach Afrika – Die deutsche koloniale Expansionspolitik und Herrschaft in Afrika von den Anfängen bis zum Verlust der Kolonien. Berlin: Akademie-Verlag. ISBN 3-0500-0825-3.

Ligazóns externas editar