Angelo Agostini, nado en Vercelli (Piemonte) o 8 de abril de 1843 e finado no Río de Xaneiro o 28 de xaneiro de 1910, foi un deseñador italo-brasileiro que fixo carreira no Brasil e foi o artista gráfico máis importante do Segundo Reinado. A súa carreira comezou cando estalaron os primeiros combates da Guerra de Paraguai (ou Guerra da Tripla Alianza, 1864) e prolongouse durante máis de corenta anos. Nas súas últimas obras foi testemuña da caída do Imperio e da consolidación da República oligárquica.

Infotaula de personaAngelo Agostini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1843 Editar o valor em Wikidata
Vercelli Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1910 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia (1861–1910)
Brasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París
São Paulo
Lisboa
Río de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndebuxante de banda deseñada , escritor , delineante , xornalista , artista de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAngelina Agostini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Viviu a súa infancia e adolescencia en París, e en 1859, con dezaseis anos, marchou a São Paulo coa súa nai, a cantante de ópera Raquel Agostini.

En 1864 comezou a súa carreira como debuxante, cando fundou Diabo Coxo, o primeiro xornal ilustrado publicado en São Paulo, que contaba con textos do poeta abolicionista Luís Gama. Esta publicación periódica, a pesar de ter repercusión, tivo unha duración efémera, sendo pechada en 1865. No ano seguinte (1866), o artista puxo en marcha o Cabrião, cuxa sede chegou a ser vandalizada, debido aos constantes ataques de Agostini contra o clero e as elites escravistas de São Paulo. Esta publicación periódica quebra en 1867 .

O artista trasladouse a Río de Xaneiro, onde continuou desenvolvendo unha intensa actividade a prol da abolición da escravitude, para o que realizou varias representacións satíricas de D. Pedro II .

Colaborou, tanto con debuxos como con textos, coas publicacións O Mosquito e A Vida Fluminense . Neste último, o 30 de xaneiro de 1869, publica As Aventuras de Nhô Quim ou Impressões de Uma Viagem à Corte, considerado o primeiro cómic brasileiro e un dos máis antigos do mundo.

Fundou, o 1 de xaneiro de 1876, a Revista Ilustrada, fito editorial no país daquela. Nela crea o personaxe Zé Caipora (1883), que se retoma en O Malho e, posteriormente, no Don Quixote. Este foi reeditado en fascículos en 1886, que, para algúns autores, foi a primeira revista de banda deseñada con carácter fixo que se estreou no Brasil.

Unha vida conturbada editar

 
A Revista Ilustrada, de Angelo Agostini, periódico republicano, retrataba de xeito caricaturístico a Antônio Conselheiro, cunha comitiva de bufóns armados de vellos trabucos, que tentaban "barrear" a República.

No Río de Xaneiro, o artista, xa casado, envolto en novas complicacións ao se converter amante da súa alumna, Abigail de Andrade. Era unha artista prometedora, a única muller que recibiu a medalla de ouro polo traballo exposto no Salón Imperial de 1884, e recibiu eloxios da crítica da época.

 
De esquerda a dereita: Angelina Agostini (filla de Angelo Agostini, entón 5 anos), a nai dos Bernardelli, unha dama descoñecida, o fillo, Angelo Agostini, Félix Bernardelli e Eliseu Visconti - París - 1893.

A relación amorosa, o embarazo e o nacemento en 1888 da filla Angelina provocaron un grande escándalo na cidade e obrigaron á parella a marchar a París en outubro dese mesmo ano. En Francia, un novo drama implica a Agostini: en abril de 1890 naceu o seu fillo, Angelo, que morreu de neno e, pouco despois, a súa nai. Angelo Agostini volveu entón a Río de Janeiro coa súa filla, que máis tarde se convertería en pintora, e morreu en 1973.

Á súa volta ao Brasil, Agostini fundou a revista Don Quixote (1895-1906) e traballou na revista O Tico Tico, retomando o personaxe de Zé Caipora, cuxos relatos se publicarían até decembro de 1906. Tamén traballou en O Malho e na Gazeta de Notícias, entre outros.

No seu nome creouse o Premio Angelo Agostini, que concede anualmente a Associação de Quadrinistas e Caricaturistas de São Paulo para a creación do Día do Quadrinho Nacional, celebrado o 30 de xaneiro. [1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar