Diabo Coxo

Diabo Coxo é un xornal ilustrado de humor - o primeiro dese tipo na cidade de São Paulo, fundado por Angelo Agostini e Luiz Gama en 1864.[1]

O nome lembra a dous libros coñecidos publicados en Europa en séculos anteriores: El Diablo Cojuelo, de Luís Vélez de Guevara, no século XVII, e Le Diable Boiteux, de Alain-René Lesage, na Francia do século XVIII. [2]

Esta publicación prolongouse até o ano seguinte, e marcou o inicio da produción do caricaturista Agostini no Brasil. [2] En 2005 a Academia Paulista de História en colaboración coa EDUSP (Editora da Universidade de São Paulo) publicou, en facsímile, a obra Diabo Coxo: São Paulo, 1864-1865: edição facsimilar, que reproduce a revista. [2]

NotasEditar

  1. Lígia Fonseca Ferreira (2012). "130º Aniversário de falecimento Luiz Gama (1830-1882): de escravo a “cidadão”". Arquivado dende o orixinal o 2013-12-02. Consultado o 25/11/2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Waldomiro Vergueiro (28 de Abril de 2005). "O Diabo Coxo, de Angelo Agostini, agora em edição facsimilar". Consultado o 25/11/2013.