Abrir o menú principal

Anfípodos

(Redirixido desde "Anfípodo")

A dos anfípodos[1] (Amphipoda) é unha orde de pequenos crustáceos da clase dos malacostráceos e superorde dos peracáridos,[2][3] de tamaño xeralmente da orde dun centímetro (aínda que a súa especie máis grande, Alicella gigantea, pode chegar a medir 34 cm).[4]

Moi abundantes no medio mariño, especialmente na zona intermareal, pero algunhas especies colonizaron as augas salobres e as doces, e mesmo o medio terrestre. Os saltos das pulgas de mar (talítridos) e dos gammáridoss co seu típico corpo curvado en "C" e nadando de lado, son ben coñecidos polas persoas que visitan as praias.

Os anfípodos mariños poden ser peláxicos (viven na columna de auga) o bentónicos (viven no fondo mariño). Os anfípodos peláxicos constiuén unha boa fonte de alimento para aves mariñas, peixes e mamíferos mariños.

Os anfípodos terrestres, como os talítridos, viven na area, entre pedras ou en praias.

A orde inclúe case 10 000 especies descritas. Algúnhas delas convertéronse en invasoras coa proliferación das comunicacións entre as concas hidrográficas a través de canles, ou por augas que escorregan por balastros e cascallos.

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

A orde foi descrita en 1816 polo sacerdote católico e notábel entomólogo francés Pierre André Latreille.

EtimoloxíaEditar

O nome científico da orde, Amphipoda, está formado polos elementos do latín científico amphi- e -poda, tirados dos termos do grego antigo: o adverbio ἀμφί amphí, "polo dous lados", e o substantivo πούς, ποδός poús, podós, "pé", "pata", facendo referencia aos dous tipos de patas que posúen estes animais. Isto contrasta cos seus parentes os isópodos (Isopoda), que teñen un só tipo de patas torácicas.

NotasEditar

  1. anfípodo, 2ª acep., no dicionario da RAG.
  2. Amphipoda Latreille, 1816 no WoRMS.
  3. Amphipoda Latreille, 1816 no ITIS.
  4. Barnard, J. Laurens; Ingram, Camilla L. (1986). "The supergiant amphipod Alicella gigantea Chevreux from the North Pacific Gyre". Journal of Crustacean Biology 6 (4): 825–839. JSTOR 1548395. doi:10.2307/1548395. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.