Andy Gill
Andrew James Dalrymple "Andy" Gill, nado o 1 de xaneiro de 1958 en Manchester e finado o 1 de febreiro de 2020, foi un membro fundador e guitarrista da banda inglesa de post-punk Gang of Four. Gill era coñecido polo seu áspero estilo de guitarra en álbums como Entertainment! (1979) e Solid Gold (1981), e en sinxelos como "At Home He's a Tourist," "Damaged Goods," "Anthrax," "What We All Want" e "I Love a Man in a Uniform."
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1956 ![]() Manchester, Reino Unido ![]() |
Morte | 1 de febreiro de 2020 ![]() Manchester, Reino Unido ![]() |
Causa da morte | doenza respiratoria ![]() |
Educación | Sevenoaks School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Interpretación de guitarra e música ![]() |
Ocupación | guitarrista, produtor musical, cantautor, músico ![]() |
Período de actividade | 1976 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Post-punk ![]() |
Instrumento | Guitarra ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | gillmusic.com ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Gill tamén produciu a meirande parte dos traballos de Gang of Four, incluído o seu álbum What Happens Next (2015), e discos doutros artistas como Red Hot Chili Peppers, The Jesus Lizard, The Stranglers, The Futureheads, Michael Hutchence, Killing Joke, Polysics, Fight Like Apes, Therapy? e The Young Knives.[1][2]
Notas
editar- ↑ "Producer discography". Gand of Four. Archived from the original on 05 de novembro de 2009. Consultado o 3 de outubro de 2018.
- ↑ "Andy Gill interview: Member of Gang of Four and record producer". Blip. Archived from the original on 07 de agosto de 2015. Consultado o 3 de outubro de 2018.