Gang of Four (grupo musical)
Gang of Four foi unha banda inglesa de post-punk procedente de Leeds, no norte de Inglaterra. A formación orixinal estaba composta polo vocalista Jon King, o guitarrista Andy Gill, o baixista Dave Allen e o batería Hugo Burnham. A banda estivo activa dende 1977 ata 1983 e reuniuse dúas veces nos anos 90 con King e Gill. No 2004 a formación orixinal volvería a tocar, pero no 2006 Allen foi substituído no baixo por Thomas McNeice e Burnham na batería por Mark Heaney.
Gang of Four | |
---|---|
Orixe | Leeds, |
Período | 1977 - 1983 1987 - 1997 2004 - 2020 |
Xénero(s) | post-punk, New Wave, dance-punk |
Selo(s) discográfico(s) | V2 Records, EMI, Warner Bros. Records, PVC/Jem, Fast Product |
Membros | Jon King Andy Gill Mark Heaney Thomas McNeice |
Antigos membros | Dave Allen Hugo Burnham Ambrose Nzams Sara Lee Busta "Cherry" Jones |
Na rede | |
gangoffour.co.uk | |
A banda toca unha mestura de punk rock, funk e dub reggae, facendo énfase nos problemas sociais e políticos. Gang of Four é amplamente considerada unha das principais bandas do movemento post-punk de finais dos 70 e principios dos 80. Nos seus álbums Songs of the Free e Hard suavizaron algunhas das súas cualidades máis discordantes, e aproximáronse cara ao dance-punk e a música disco. O seu disco de estrea, Entertainment!, foi coocado no posto 490 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos" (na revisión da lista en 2012 pasaría ao posto 483)[1], e foi listado por Pitchfork Media como o 8º mellor álbums dos 70[2]. David Fricke, da Rolling Stone, describiu a Gang of Four como "probablemente a mellor banda con motivación política do rock & roll".
Influencia
editarGang of Four foi unha grande influencia nun bo número de grupos de rock alternativo durante os anos 80 e 90, aínda que poucos dos seus seguidores adoptaron o seu punto de vista artístico ou político. O líder de R.E.M. Michael Stipe citou a Gang of Four como unha das súas principais influencias; Flea dos Red Hot Chili Peppers afirmou que Gang of Four foi a principal guía nos primeiros tempos da súa banda (Andy Gill de feito produciu o álbum de estrea dos Chili Peppers). Kurt Cobain dixo que Nirvana comezou como "unha estafa de Gang of Four".
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Entertainment! | 1979 | EMI |
Solid Gold | 1981 | Warner Bros. |
Songs of the Free | 1982 | Warner Bros. |
Hard | 1983 | Warner Bros. |
Mall | 1991 | Polydor |
Shrinkwrapped | 1995 | Castle |
Return the Gift | 2005 | V2 Records |
Content | 2011 | Yep Roc |
What Happens Next | 2015 | Metropolis/Membran |
Notas
editar- ↑ "500 Greatest Albums of All Time". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2013. Consultado o 20 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Top 100 Albums of the 1970s". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2013. Consultado o 20 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina da banda (en inglés)