Anders Jahan Retzius

Naturalista sueco e profesor de botánica, química e historia natural na Universidade de Lund


Anders Jahan Retzius, tamén coñecido como Anders Retzius, nado o 3 de outubro de 1742 en Kristianstad, condado de Escania, Suecia, e finado o 6 de outubro de 1821 en Estocolmo, foi un naturalista (químico, botánico e entomólogo) e cadedrático de Universidade sueco.[1]

Modelo:BiografíaAnders Jahan Retzius

Retrato de Retzius na capa dun dos seus libros
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1742
Kristianstad, condado de Escania, Suecia
Morte6 de outubro de 1821
Estocolmo
Lugar de sepulturaSolna cemetery (en) Traducir, SO 03 128 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSuecia Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadesueca
EducaciónUniversidade de Lund
Actividade
Campo de traballoBotánica, Micoloxía, zooloxía, química e xeoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, farmacéutico, botánico, entomólogo, cadedrático de Universidade
EmpregadorUniversidade de Lund
Membro de
AlumnosKarl Adolf Agardh, Sven Nilsson, Carl Fredrik Fallén e Johan Wilhelm Zetterstedt (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Linguasueco, latín
Obra
Abreviación dun autor en botánicaRetz. Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaRetzius Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeUlrica Beata Prytz Editar o valor en Wikidata
FillosMagnus Kristian Retzius, Anders Adolph Retzius. Editar o valor en Wikidata
IrmánsMagnus Retzius Editar o valor en Wikidata
ParentesGustaf Retzius, son's son Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Retzius matriculouse na Universidade de Lund en 1758, obtendo o título de Philosophia Magister (Mestrado en Filosofía) 1766. Tamén recibiu fomación en farmacia. En 1766 obtivo un posto de docente de Química, e, en 1767, de Historia natural. Dez anos máis tarde (1717) obtivo o cargo de profesor extraordinario de Historia Natural, ocupando entónces distintas cátedras consagradas a esta disciplina, e ás de Economía e de Química até a súa xubilación en 1812.

Anders Jahan Retzius describiu numerosas especies de insectos e realizou importantes traballos sobre a súa clasificación científica. En 1782 Retzius foi elixido membro da Real Academia de Ciencias de Suecia. Foi tamén membro da Academia Leopoldina alemá, e da Accademia delle Scienze di Torino.

Casou con Ulrica Beata Prytz coa que tivo dous fillos,[1] Magnus Kristian Retzius, e o médico e biólogo Anders Adolph Retzius (1796-1860),[2] e o avó do tamén biólogo Gustaf Retzius (1842-1919). Entre os seus alumnos de cómpre citar ao botánico Carl Adolph Agardh (1785-1859), o zoólogo e arqueólogo Sven Nilsson (1787-1883), o botánico e entomólogo Carl Frederick Fallén (1764-1830) e o entomólogo Johan Wilhelm Zetterstedt (1785-1874).
Exerceu tamén unha grande influencia sobre o botánico Elias Magnus Fries (1794-1878), que chegou a Lund cando Retzius era xa vello.

Obras principais

editar
 
Busto de Anders Retzius diante do edificio principal da Universidade de Lund.

Epónimos

editar

Xénero

editar

Especies

editar

Abreviaturas

editar

Botánica

editar

A abreviatura Retz. emprégase para indicar a Anders Jahan Retzius como autoridade na descripión e clasificación científica en botánica.

Zooloxía

editar

A abreviatura Retzius emprégase para recoñecer a Anders Jahan Retzius como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. 1,0 1,1 Anders Jahan Retzius en Svenskt biografiskt lexikon (SBL), 6599. (Dicionairio biográfico sueco) (en sueco).
  2. Anders A. Retzius en Svenskt biografiskt lexikon (SBL), 6598. (Dicionairio biográfico sueco) (en sueco).
  3. in Phys. Sallsk. Handl. Stockh. i. 1776 I. 55. t. 1 (IK)
  4. Good Book 59. 1840 [Jan 1840] ; cf. Amer. Midl. Nat. 3: Append. 1913 vide Merrill, Ind. Rafin. 183 1949 (IK)
  5. Nov. 1819; ex ej. Summ. Veg. Scand. 535 (IK)
  6. Consp. Fl. Eur. 1: 33 1878 (IK)
  7. Encycl. [J. Lamarck & al.] 7: 255 1806 (IK)
  8. Rep. (Annual) Missouri Bot. Gard. 4: 74 1893 (GCI)
  9. Taxon viii. 29t 1959 (IK)
  10. Syst. Veg. (ed. 16) [Sprengel] 2: 136 1825 (IK)
  11. Syn. Hesper. 41 (IK)
  12. Bull. Soc. Bot. France 97: 219 1951 (IK)
  13. Sylva Tellur. 21 1838 (IK)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Retzius (Andreas Jahannes). En: Johann Emanuel Wikström: Conspectus Litteraturae Botanicae in Suecia. Norstedt et Filii, 1831, pp. 214–221.
  • Gunnar Eriksson: Anders Jahan Retzius. En: Svenskt biografiskt lexikon. Vol. 30, 1998, p. 1. (sok.riksarkivet.se).

Ligazóns externas

editar