Ana Oramas
Ana María Oramas González-Moro, nada en Santa Cruz de Tenerife o 17 de xullo de 1959, é unha política española que forma parte de Coalición Canaria. É deputada nacional pola provincia de Tenerife desde 2007 e portavoz de Coalición Canaria no grupo mixto. Foi tamén alcaldesa de San Cristóbal de La Laguna desde 1999 até 2008.
Ana Oramas | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Ana María Oramas González-Moro |
Nacemento | 17 de xullo de 1959 |
Lugar de nacemento | Santa Cruz de Tenerife |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de La Laguna |
Ocupación | política e economista |
Na rede | |
http://www.anaoramas.com | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Criouse nunha familia numerosa, sendo a maior de 10 irmáns.[1] Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade de La Laguna.
A súa carreira política sempre estivo vinculada a Coalición Canaria. En 1979 foi elixida concelleira no concello de Tenerife, e desde 1991 até 1999 obtivo a acta de deputado no Parlamento das Canarias. Durante o goberno de Manuel Fermoso (1993 a 1999) ocupou diversos cargos na administración autonómica.
En 1999, Coalición Canaria elixiuna para postular á alcaldía de San Cristóbal de La Laguna. Aínda que o seu partido non foi o máis votado, un pacto co Partido Popular outorgoulle o bastón de mando. Desde entón logrou revalidar a alcaldía en 2003 con maioría simple e en 2007 con maioría absoluta, aínda que renunciou ao cargo en 2008 por motivos familiares.[2]
En xuño de 2007 foi elixida deputada nacional no Congreso dos Deputados pola Provincia de Santa Cruz de Tenerife, e desde 2008 é a portavoz de Coalición Canaria na cámara baixa, en substitución de Paulino Rivero.[1] Ademais foi portavoz do grupo mixto en diversas comisións permanentes.[1]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Oramas, perfil de la candidata CC, elecciones generales 2011". RTVE. 3 de novembro de 2011. Consultado o 27 de agosto de 2015.
- ↑ "Ana Oramas: ´Mi etapa como alcaldesa ha terminado y ahora quiero darle una oportunidad a mi familia´". La Opinión de Tenerife. 14 de novembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2011. Consultado o 27 de agosto de 2015.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Oramas |