Abrir o menú principal

Amancio Bolaño e Isla, nado nas Ermidas (O Bolo) o 19 de setembro de 1896 e finado en Cidade de México o 21 de xullo de 1971[1], foi un filólogo, catedrático e académico de orixe galega nacionalizado mexicano.

Amancio Bolaño e Isla
Nome completoAmancio Bolaño e Isla
Nacemento19 de setembro de 1896
 O Bolo
Falecemento21 de xullo de 1971
NacionalidadeMéxico e España
Alma máterUniversidade Nacional Autónoma de México
Ocupacióncatedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Realizou os estudios de bacharelato no Instituto de Ensinanza Secundaria Cardenal Cisneros. Cursou tres anos da carreira de Dereito na Universidade Central de Madrid, pero optou por terminar a licenciatura en Letras na mesma universidade, foi discípulo de Ramón Menéndez Pidal, titulouse como filólogo en 1935. Iniciada a guerra civil española, viaxou a México. En 1947, obtivo un doutoramento en letras pola Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), a súa tese foi un estudio bio-bibliográfico, histórico e literario de frei Alonso da Vera Cruz.

Exerceu a docencia impartindo moi diversas cátedras, entre elas latín, fonética, filoloxía románica, literatura española medieval, literatura do Século de Ouro, Cervantes, xeración do 98, novela picaresca, lingua portuguesa e outras máis. Foi profesor no Instituto Plurilingüe de Madrid, na Escola Nacional de Antropoloxía e Historia, no Colexio de México, na Universidade Iberoamericana, na Universidad de Las Américas de Puebla, no Colexio Francés Morelos, no Colexio Alemán "Alexander von Humboldt", no Liceo Franco-Mexicano, na Facultade de Filosofía e Letras da UNAM, e na Escola Nacional Preparatoria.[2]

Nomeárono profesor emérito da Facultade de Filosofía e Letras da UNAM e profesor honorario da Universidade de Guanajuato. Foi membro da Academia de Belas Letras de Málaga e do Colexio de Licenciados e Doutores de Madrid.

Foi membro de número da Academia Mexicana da Lingua, tomou posesión da cadeira XXV o 24 de outubro de 1969 cun discurso comparativo entre o Estebanillo González e El Periquillo Sarniento.

ObraEditar

Foi prologuista, editor e revisor de obras literarias antigas como El conde Lucanor, El libro del buen amor e El poema del Mío Cid. Como escritor, a súa obra é pedagóxica e de crítica literaria, entre seus libros atópanse:

  • Breve manual de fonética elemental.
  • Manual de historia de la lengua española.
  • Contribución al estudio bio-bibliográfico de fray Alonso de la Vera Cruz.
  • Estudios literarios.

NotasEditar

  1. José Rojas Garcidueñas (1975). "Amancio Bolaño e Isla". Semblanzas de académicos. (Nuestros Humanistas). Consultado o 2 de abril de 2011. 
  2. "Amancio Bolaño e Isla" (PDF). 100 UNAM. Universidade Nacional de México 1910-2010. Consultado o 2 de abril de 2011.