Alquequenxe

planta

O alquequenxe[1] (Physalis alkekengi) é unha planta vivaz herbácea pertencente á familia Solanaceae que acada até un metro de altura, caracterizada por posuír uns froitos (chamados alquequenxes ou tomates de capucho) de cor entre laranxa e vermella, recubertos por un cáliz a xeito de capucho da mesma cor, de sabor agradábel e aínda que bastente acedo, os cales son moi ricos en vitamina C así como en ácidos cítrico e málico, caroteno, fisalieno, aínda que tamén presentan indicios de alcaloides[2].

Ilustración

Descrición editar

É unha planta herbácea perenne con rizoma de 5-11 dm de altura. Talo erecto e ríxido de cor verde avermellada. As follas pecioladas, ovais e apuntadas ce cor verde e de 5–8 cm de lonxitude. As flores son solitarias e pénsiles coa corola de cor branca crema. O froito (alquequenxe ou tomate de capucho) é unha baga globulosa de cor encarnada semellante á cereixa e está envolvida por unha vesícula ou cascabullo costelado de cor vermella en forma de "lanterna xaponesa". Florea na primavera e no verán.

Distribución e hábitat editar

Esténdese polos terreos calcarios de Eurasia. Tamén prolifera nos parques e xardíns e é utilizado para facer sebes e terrapléns.

Historia editar

Os romanos chamaban a esta planta de helicacabum. Dioscórides comenta "Áchase outro solano chamado propiamente halicacabo e vexiguilla. O seu froito é roxo, redondo e liso, e semellante aos grans de uvas: o cal está encerrado en certos follos redondos, a maneira de vexiguiñas. O dito froito bebido arranxa a ictericia, sendo provocativo de urina". Laguna engade: "A chamada de halicacabo en grego dise en latín vesicaria: e esta é a que chaman Alkankegi os árabes. As vexigas de alkankegi comezan a vermellar por fin en agosto".[3]

Propiedades editar

Contén fisalinas (principios amargos de natureza esteroídica); fisaleno (carotenoide); ácido cítrico; e vitamina C.[3]

Usos tradicionais editar

 
Baga
 
Detalle do froito
 
Vista da planta

Tradicionalmente, as súas bagas eran consideradas comestíbeis, cun discreto efecto laxante.[3]

As follas e talos empregáronse coma depurativo do ril e do fígado, e coma tónico xeral despois dun proceso febril, coma a malaria. Relátase un certo peso da rexión gástrica e estrinximento en caso de administrar doses excesivamente altas, a persoas especialmente sensíbeis.[3]

A planta tense empregado na homeopatía coma tintura de bagas maduras.[4]

Coñecemento actual editar

Actualmente, documentouse que as raíces e bagas conteñen substancias cuxa inxestión pode afectar negativamente á saúde. Nas raíces, tense constatado a presenza de alcaloides tropanos. As bagas posúen efectos antiestroxénicos.[5]

Taxonomía editar

Physalis alkekengi foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 183, no ano 1753.[6]

alkekengi: epíteto

Etimoloxía

Physalis: nome xenérico que deriva da verba grega: phusa, cuxo significado é algo así coma "bóchega", polos cascabullos ou capuchos do froito.

Variedades aceptadas
Sinonimia
  • Physalis franchetii Mast.

Notas editar

  1. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 30. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  2. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Dr. Berdonces I Serra (1998). "Physalis alkekengi". Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (1ª ed.). Tikal ediciones. pp. 121 – 122. ISBN 84-305-8496-X. 
  4. Paul Schauenberg y Ferdinan Paris (1979). Alquequenxe. Guía de las Plantas Medicinales (Omega ediciones ISBN 84-282-0246-X). p. 58. 
  5. European Food Safety Authority (EFSA) (2012). "Compendium of botanicals reported to contain naturally occuring substances of possible concern for human health when used in food and food supplements" (PDF). EFSA Journal 10 (5): 2663. doi:10.2903/j.efsa.2012.2663. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  6. Alquequenxe en Trópicos
  7. Alquequenxe en PlantList

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Flora of China Editorial Committee. 1994. Fl. China 17: 1–378. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.