Alonso Pérez de Guzmán
Alonso Pérez de Guzmán, nado en León en 1256 e finado en Gaucín (Málaga) en 1309[1], foi un nobre castelán pertencente á casa ducal de Medina Sidonia. Duque de Niebla e alcumado Guzmán o Bo (Guzmán el Bueno), era fillo bastardo do adiantado maior de Andalucía, Pedro Núñez de Guzmán.
Alonso Pérez de Guzmán | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alonso Pérez de Guzmán |
Alcume | Guzmán el Bueno |
Nacemento | 24 de xaneiro de 1256 |
Lugar de nacemento | León e Marrocos |
Falecemento | 19 de setembro de 1309 |
Lugar de falecemento | Gaucín |
Soterrado | Antiguo Monasterio de San Isidoro del Campo |
Nacionalidade | Coroa de Castela |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | guerreiro |
Pai | Pedro Núñez de Guzmán |
Nai | valor descoñecido e NN |
Cónxuxe | María Alonso Coronel |
Fillos | Juan Alonso Pérez de Guzmán y Coronel, Leonor Alonso Pérez de Guzmán y Coronel, Isabel de Guzmán e Pedro Alonso Pérez de Guzmán y Coronel |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Por desavinzas cos seus irmáns abandona o reino de Castela e ponse ó servizo do sultán de Marrocos. Volve a Castela en 1291, chamado por Sancho IV, quen quería aproveita-lo seu coñecemento e relacións cos musulmáns na súa loita cos benimeríns polo control do estreito de Xibraltar. Participa na conquista castelá de Tarifa no 1292, e é nomeado alcaide da praza en 1293.
É aquí de onde xorde a lenda de Guzmán o Bo, xa que o sultán benimerín Ibn Ya'qub e o infante Xoán, irmán do rei, intentan conquista-la praza en 1294. Como unha frota aragonesa estaba a piques de chegar para rompe-lo asedio, os benimeríns intentan acelera-la rendición da praza capturando ó fillo de Guzmán e ameazando con matalo se o alcaide non rendía Tarifa. Segundo a lenda, Guzmán non só non se rendeu senón que ofreceu ós sitiadores o seu propio coitelo para que cumprisen a súa ameaza, cousa que fixeron, xesto heroico que lle gañou o alcume "O Bo".
O asedio fracasou finalmente, e Guzmán seguiu combatendo contra os musulmáns no sur de España ata a súa morte na Serranía de Ronda.