Alida González Arias

guerrilleira antifranquista

Alida González Arias, coñecida como Penca, nada en Salas de los Barrios (O Bierzo) en 1915 e finada no mesmo concello en 2006, foi unha guerrilleira antifranquista.

Infotaula de personaAlida González Arias
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor em Wikidata
Salas de los Barrios, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2006 Editar o valor em Wikidata (90/91 anos)
Salas de los Barrios, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPenca Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Casou con José Losada Yáñez, militante da UGT, que logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse. Alida ocultou ao seu home e foi detida cando lle levaba alimentos e municións. Xulgada en consello de guerra, estivo presa no campo de concentración de San Marcos en León, volveu ser detida, e finalmente desterrada a Cantalapiedra (Salamanca), onde un 27 de abril de 1939 recibiu a noticia da morte do seu home por unha patrulla de gardas civís e falanxistas. Volveu a Salas e converteuse nun enlace da guerrilla.

En 1945 o seu nome apareceu na lista encontrada pola Garda Civil na casa de Columbrianos e decide unirse ao grupo de Manuel Girón Bazán. Converteuse na compañeira de Girón durante cinco anos ata que o comandante da Garda Civil Miguel Arricivita lle tendeu unha emboscada coa infiltración de José Rodríguez Cañueto, que o asasinou o 2 de maio de 1951, para atribuír a Alida a traizón e morte do seu compañeiro Girón.[1] Alida foi detida e pronto logrou a liberdade pero tivo que sufrir o resto da súa vida o rexeitamento dos que preferiron crer as mentiras divulgadas polo comandante Arricivita. Durante anos estivo en Suíza e finou en Salas de los Barrios aos 91 anos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar