Abrir o menú principal

Alícia Sánchez-Camacho

política española
(Redirixido desde "Alicia Sánchez-Camacho")

Alícia Sánchez-Camacho Pérez, nada en Barcelona o 22 de abril de 1967, é unha política catalá de dereitas e actual presidenta do Partit Popular Català dende o 6 de xullo de 2008.

Alícia Sánchez-Camacho
Alicia Sánchez-Camacho.jpg
Alicia Sánchez-Camacho Pérez
Datos persoais
Nacemento22 de abril de 1967 e 22 de abril de 1966
 Barcelona
OrganizaciónPartit Popular Català
Alma máterUniversidade de Barcelona
ProfesiónPolítica
editar datos en Wikidata ]

Estudou a Licenciatura en Dereito e accedeu ao Poder Xudicial como xuíza substituta. Estudou un mestrado en Administración pública.

TraxectoriaEditar

Sánchez-Camacho foi deputada autonómica pola circunscrición de Barcelona e portavoz do PP catalán. Foi Subdirectora xeral de Formación, directora do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo mentres Javier Arenas era Ministro de Traballo e Asuntos sociais, Subdirectora xeral de Formación Profesional, Conselleira laboral da embaixada española en Estados Unidos e Delegada internacional na Organización dos Estados Americanos.

Na actualidade é senadora por designación autonómica en representación da Comunidade Autónoma de Cataluña.[1] Na Cámara Alta exerce de portavoz de Traballo e Inmigración do Grupo Popular, así como de vogal nas comisións de Interior e Comunidades Autónomas.[2] Tamén foi presidenta do Partido Popular de Xirona. Foi a candidata alternativa de Mariano Rajoy como consenso ante as candidaturas presentadas inicialmente para presidir o Partit Popular de Catalunya,[3] gañando cunha axustada marxe ante a outra candidata do partido, Montserrat Nebrera.[4]

En maio de 2008 é designada xunto a María San Gil e a José Manuel Soria membro da comisión redactora do relatorio político do XVI Congreso nacional do PP, celebrado en xuño dese mesmo ano, relatorio que precipitaría a saída unilateral de San Gil do PP vasco.

Durante o XII Congreso Autonómico do Partit Popular de Catalunya, celebrado os días 5 e 6 de xullo en Barcelona, é proclamada nova presidenta rexional.

Nas eleccións ao parlamento de Cataluña de 2010, con 18 escanos, obtivo o mellor resultado do Partido Popular en Cataluña. Nas eleccións ao parlamento de Cataluña de 2012 preséntase como primeira da lista do Partit Popular Català pola circunscrición de Barcelona.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Predecesor:
Daniel Sirera
  
Presidenta do Partit Popular Català
 
2008-actualidade
Sucesor:
No cargo

Ligazóns externasEditar