Xavier García Albiol

político español

Xavier García Albiol, nado en Badalona o 8 de decembro de 1967, é un político catalán pertencente ao Partit Popular Català. Presidente do Partit Popular de Badalona dende 1990, Albiol foi alcalde de Badalona entre 2011 e 2015,[1] e volveu á alcaldía en 2020.

Modelo:BiografíaExcelentísimo Señor Editar o valor en Wikidata
Xavier García Albiol

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Badalona, España Editar o valor en Wikidata
Deputado provincial de Barcelona
13 de xullo de 2023 –
Alcalde de Badalona
17 de xuño de 2023 –
← Rubén Guijarro Palma
Alcalde de Badalona
12 de maio de 2020 – 8 de novembro de 2021
← Aïda Llauradó ÁlvarezRubén Guijarro Palma →
Deputado provincial de Barcelona
Representa: Partido Popular

11 de xullo de 2019 – 12 de xullo de 2023
Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de xaneiro de 2018 – 31 de xaneiro de 2019 (renuncia)Esperanza García González (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Barcelona

President of the People's Party of Catalonia (en) Traducir
25 de marzo de 2017 – 10 de novembro de 2018
← Alícia Sánchez-CamachoAlejandro Fernández Álvarez →
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

18 de abril de 2016 – 28 de maio de 2018
Senador de España
7 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2018

Deputado do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado provincial de Barcelona
15 de xullo de 2015 – 23 de decembro de 2015 – Xavier Mulleras Vinzia (en) Traducir →
Deputado provincial de Barcelona
15 de xullo de 2011 – 14 de xullo de 2015
Alcalde de Badalona
11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015
← Jordi Serra i Isern (en) TraducirDolors Sabater →
Deputado provincial de Barcelona
19 de xullo de 2007 – 14 de xullo de 2011
Deputado provincial de Barcelona
1 de xullo de 2003 – 18 de xullo de 2007
Deputado provincial de Barcelona
19 de xullo de 1999 – 30 de xuño de 2003
City councillor of Badalona (en) Traducir
15 de xuño de 1991 –
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1989–) Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm4479432 Facebook: XavierGarciaAlbiol Twitter: Albiol_XG Instagram: albiol_xg Youtube: UCLtIzaILoC7GDU0eHx4RGWA Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

García Albiol estudou no Colexio Badalonés e xogou nas categorías inferiores do Club Joventut de Badalona. Estudou a carreira de Dereito e é militante do Partido Popular dende 1989. Dous anos máis tarde se estrearía como concelleiro de Badalona e Presidente do Grupo municipal do devandito partido.

Foi Presidente do Partit Popular de Badalona en dous períodos: de 1990 a 1996 e de 2001 ata a actualidade. Tamén ocupou a Secretaría Xeral do PP de Barcelona dende 1995 ata 2000. Do 2000 ao 2003 foi vicesecretario Xeral de Organización do Partit Popular de Catalunya. Despois, do 2003 ao 2005, foi secretario de Política Municipal do PPC e de 2005 a 2008 foi vicesecretario de Organización do PPC. Por outro lado en 2008 dirixiu a campaña do PPC para as eleccións xerais.

Respecto ás entidades supramunicipais, foi voceiro adxunto do Partido Popular no Consello Comarcal do Barcelonès dende 1991 ata 1995 e, posteriormente, de 1995 a 1999 foi voceiro do PP no devandito Consello Comarcal. No mesmo período -de 1995 a 1999- foi tamén conselleiro da Mancomunidade de Municipios da Área metropolitana de Barcelona. Posteriormente, de 1999 a 2003, foi voceiro do Grupo Popular na Deputación de Barcelona.

Na actualidade é membro do Comité Executivo do Partit Popular de Catalunya e presidente do Grupo Popular na Deputación de Barcelona.

Alcalde de Badalona

editar

O 6 de xuño de 2011 foi elixido alcalde de Badalona tras gañar as eleccións por maioría simple, cun discurso centrado na inmigración.[Cómpre referencia]

En 2010, o partido Iniciativa per Catalunya Verds denunciouno ante a Fiscalía de Barcelona baixo a acusación de ter vulnerado o artigo 510 do Código penal coa publicación dun panfleto no que se presuntamente se vinculaba a inmigración de xitanos romaneses coa delincuencia. O 11 de decembro de 2013 foi absolvido de todos os cargos, sendo despois confirmada a devandita absolución pola Audiencia de Barcelona.[Cómpre referencia]

O 23 de xaneiro de 2013, Xavier García Albiol, co apoio de dous supermercados da cidade, lanzou a campaña A Badalona no es llença el menjar (En Badalona non se tira a comida), co fin de reducir nun 50% o prezo dos alimentos próximos á data de caducidade.

Nas eleccións de 2015, o Partit Popular de García Albiol foi a forza máis votada con 10 concelleiros. Non obstante, foi investida alcaldesa Dolors Sabater, de Guanyem Badalona en Comú, o 13 de xuño grazas a un pacto de esquerdas, con PSC, ERC e ICV-EUiA, ademais do voto a favor do candidato de CDC Ferran Falcó.[2]

Recuperou a alcaldía de Badalona o 12 de maio de 2020 tras a dimisión de Àlex Pastor López debido a un altercado cos Mossos d'Esquadra.

  1. "Dolors Sabater convértese na nova alcaldesa de Badalona". La Vanguardia. 13 de xuño de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2015. 
  2. Ara, ed. (04/6/2015). "Guanyem Badalona en Comú, PSC, ERC e ICV-EUiA anuncian o acordo para botar a Albiol da alcaldía de Badalona". Consultado o 4/6/2015. 

Véxase tamén

editar
Predecesor:
Jordi Serra Isern
 
Alcalde de Badalona

11 de xuño de 2011-13 de xuño de 2015
Sucesor:
Maria Dolors Sabater i Puig