Alguna pregunta més?

programa de humor da TV3

Alguna pregunta més? ou APM? é un programa de televisión da TV3 que orixinariamente foi un espazo radiofónico de Catalunya Ràdio. En ton humorístico, o programa amosa as mellores imaxes da semana, parodia programas doutras canles, versiona anuncios e fai dobraxes. É o programa de entretemento máis veterano da TV3.[1]

Alguna pregunta més?
Formato Programa de televisión de humor
Producido por Royal Box
Localización(s) Cataluña
Cadea TV3
Día da estrea 14 de xullo de 2004
Nº de temporadas 18

Na rede
https://www.ccma.cat/tv3/apm/
IMDB: tt0472641 Facebook: apmtv3 Twitter: APM Instagram: apmtv3 Youtube: UCkt41aFjWH9CwZAc0l1LZwg Twitch: apm_tv3 Editar o valor em Wikidata

Seccións editar

APM? baséase en vídeos de zapping que amosan a actualidade do país e situacións curiosas, presentadas sempre de forma satírica. Tamén utilizan vídeos recorrentes a modo de resposta, sketches, parodias e dobraxes. Ademais, hai espazos de imaxe real, como Homo APM?. Porén, o programa catalán comprende diferentes apartados nos que a temática é diferente ao resto:

  • Pressing APM?: diferentes actores actuais e personaxes famosos enfróntanse aos seus fallos na televisión.
  • La televisió és cultura (en gl. "A televisión é cultura"): entrevistas a personaxes relevantes da televisión catalá e estatal.
  • Homo APM: bromas de cámara oculta cun actor chamado popularmente como "Homo APM", que crea situacións con frases do programa. Está interpretado por Manel Piñero, un dos guionistas do programa.
  • El defensor de l'espectador (en gl. "O defensor do espectador"): sae un momento exasperante da televisión ou de Internet combinado con comentarios de indignación de seareiros do Barça.
  • Cinquè mil·leni (en gl. "Quinto Milenio"): sección que imita de forma ocorrente o programa emitido en Cuatro, Cuarto Milenio.
  • Què m'has dit? (en gl. "Que me dixeches?"): sección que recolle fallos de dicción na televisión.
  • Per un Tub (en gl. "Por un Tubo"): toman fragmentos de películas e dóbranas coas frases célebres do programa. A pantalla toma a aparencia de YouTube.
  • APM? Trailer: encáixase un tema de actualidade no tráiler dun filme, serie ou tráiler de videoxogo de estrea actual.
  • Xooof: amósanse contradiccións entre persoas en distintos programas de televisión, tralos que se amosa unha caída ou tiro a unha piscina.
  • Clàssics APM? (en gl. "Clásicos APM?"): similar a APM? Tráiler, utilízase un filme antigo.
  • Sputnik: sección musical que imita de forma ocorrente o programa Sputnik, que emite El 33.
  • La parabòlica (en gl. "A parabólica"): utilizan vídeos de calquera idioma estranxeiro e inventan subtítulos acordes aos temas de actualidade.
  • Fot Lee: amósanse fragmentos de programas televisivos nos que diversas personalidades públicas reciben duras críticas por parte doutras persoas.
  • APM? Sessions: sección musical onde fan montaxes con momentos televisivos.
  • Encarats: mestúranse caras de famosos.
  • Si és veritat..., seria el rècord Guinness! (en gl. "Se é verdade, sería o récord Guiness"): sección onde collen fragmentos de novas e móntanas conseguindo unha noticia divertida.
  • Notícies d'actualitat: sección onde os Venga Monjas saen á rúa a preguntar á xente se unha serie de titulares son reais ou falsos.
  • Al carrer (en gl. "Na rúa"): sección onde o reporteiro Jordi Asturgó sae a preguntar á xente por un tema.
  • Els catalans fan coses (en gl. "Os cataláns fan cousas"): Peyu recorre as vilas de Cataluña para propoñer retos aos cataláns.
  • El Mundo Today Cat: informativo satírico.
  • Díaz de fúria: Joel Díaz, reporteiro "iconoclasta e enfant terrible", realiza reportaxes onde fai preguntas a personaxes públicos.
  • Ciutat Juárez: sección onde Isma Juárez realiza reportaxes de actualidade en Madrid.

Programas e audiencias editar

Tempadas editar

Tempada Programas Estrea Final Audiencia media
Espectadores Share
1 39 14 de xullo de 2004 13 de xuño de 2005 636 000 24,2%
2 37 12 de setembro de 2005 25 de xullo de 2006 627 000 22,5%
3 32 11 de setembro de 2006 24 de xullo de 2007 296 000 12,6%
4 31 10 de setembro de 2007 22 de xullo de 2008 581 000 19,2%
5 42 30 de setembro de 2008 21 de xullo de 2009 631 000 19,9%
6 37 15 de setembro de 2009 13 de xullo de 2010 586 000 18,2%
7 41 14 de setembro de 2010 5 de xullo de 2011 614 000 18,9%
8 40 13 de setembro de 2011 10 de xullo de 2012 599 000 18,0%
9 31 12 de setembro de 2012 10 de xullo de 2013 - -
10 36 18 de setembro de 2013 16 de xullo de 2014 - -
11 40 17 de setembro de 2014 29 de xullo de 2015 - -
12 44 16 de setembro de 2015 20 de xullo de 2016 - -
13 41 14 de setembro de 2016 5 de xullo de 2017 - -
14 44 20 de setembro de 2017 25 de xullo de 2018 - -
15 42 12 de setembro de 2018 24 de xullo de 2019 - -
16 40 18 de setembro de 2019 16 de xullo de 2020 - -
17 40 9 de setembro de 2020 24 de xuño de 2021 - -
18 15 de setembro de 2021 ¿? xuño de 2022 - -
Total 617 2004 - - -

Premios editar

Notas editar