El 33 é a segunda canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña. Comezou a emitir o 10 de setembro de 1989 e ofrece unha programación de marcado carácter cultural.

El 33
33 (CCMA).svg
Inicio das emisións 10 de setembro de 1989
Propiedade de CCMA
Formato da imaxe 16:9
Datos de audiencia 2.9% (outubro de 2010, TNS)
País España España
Lingua Catalán
Área de emisión Cataluña Cataluña
Flag of the Balearic Islands.svg Illas Baleares
Flag of Andorra.svg Andorra
Francia Pireneos Orientais
Nome(s) anterior(es) Canal 33
Canle/s irmá(s) TV3
Esport 3
Canal Super3
3XL
3/24
TV3CAT
TV3HD

Na rede
www.ccma.cat/cultura/

Naceu para complementar a programación de TV3, e desde setembro de 2010 é unha canle temática cultural, xa que o bloque deportivo pasou á nova canle Esport 3. En 2001 perdeu a programación infantil e xuvenil, que pasou ao K3, actualmente Canal Super3 e 3XL.

Desde o 23 de abril de 2001 ao 12 de febreiro de 2010[1] compartiu frecuencia no dial analóxico primeiro co K3 e logo co Canal Super3. Na TDT, El 33 emite as 24 horas do día.

NotasEditar

  1. "Agora, o Super3, só pola TDT". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2010. Consultado o 03 de xaneiro de 2011. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.