Canal 3XL
3XL foi unha canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña, dedicada ao público xuvenil e que comparte a súa frecuencia co Canal Super3, emitindo desde as 21:30 horas ata a madrugada.
3XL | |
---|---|
Inicio das emisións | 19 de setembro de 2010 |
Fin das emisións | 1 de outubro de 2012 |
Propiedade de | CCMA |
Formato da imaxe | 16:9 |
Datos de audiencia | 1,5% (outubro de 2010, TNS) |
Slogan | Estàs viu? Demostra-ho |
País | España |
Lingua | Catalán |
Área de emisión | Cataluña Illas Baleares Andorra Pireneos Orientais |
Sede central | Sant Joan Despí |
Canle que substitúe | Canal 300 |
Canle/s irmá(s) | TV3 El 33 Canal Super3 3/24 Esport 3 TV3CAT TV3HD |
Na rede
| |
www.3xl.cat |
A canle toma o seu nome do programa de televisión 3XL.net (posteriormente 3XL.cat), que se estreou o 15 de maio de 2000 na segunda cadea de televisión catalá, Canal 33. As emisións de 3XL como cadea independente comezaron o 19 de setembro de 2010, en substitución de Canal 300. A canle potencia á súa vez unha comunidade virtual dirixida aos mozos.
O 1 de outubro de 2012, a canle cesou as súas emisións, dentro da redución de custos que fixo a emisora pública catalá. Parte da súa programación pasou a Canal Super3 e El 33.
Programación
editarA programación de 3XL está enfocada a un público novo entre os 15 e os 29 anos, polo que hai unha forte presenza de ficción. A maioría dos programas son estranxeiros, e entre eles destacan series británicas (The Inbetweeners, Misfits), estadounidenses, animación xaponesa (Bleach, Death Note, One Piece, Nana) e ata ciclos de cine. As series están dobradas ao catalán, lingua preferente das emisións, aínda que tamén poden verse no seu idioma orixinal ou con subtítulos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web de 3XL (en catalán)
Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |