Alfredo Gómez Ollero

militar e maquis galego

Alfredo Gómez Ollero, nado en Paderne de Allariz o 9 de setembro de 1905 e finado en Nantes o 13 de febreiro de 1943, foi un militar e maquis galego.

Infotaula de personaAlfredo Gómez Ollero
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1905 Editar o valor em Wikidata
Paderne de Allariz, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 1943 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Nantes, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dunha humilde familia campesiña, aprendeu a ler con 20 anos, traballaba nos veráns como cordoeiro cunha cuadrilla de temporeiros en Córdoba. O 16 de xullo de 1936 viuse atrapado polo estoupido da Guerra Civil na zona republicana. Chegou a capitán do exército republicano, combatendo ás ordes do xeneral Enrique Líster, e exiliouse en Francia.

Internado nos campos de concentración, pasou despois a Nantes e entrou na 178 Compañía de Traballadores Españois. Foi o máximo responsable da resistencia á invasión alemá na zona inferior do Loira. Servía de enlace ao Partido Comunista de España no exilio. Foi detido, xulgado pola Gestapo nun proceso sumarísimo "o proceso dos 42" celebrado o 16 de setembro de 1942, simulacro de xuízo que a ocupación alemá artellou para escarmentar as continuas sabotaxes dos resistentes. Foi encarcerado, torturado e fusilado espido e coas mans atadas ás costas o 13 de febreiro de 1943, xunto con outros 37 maquis, entre eles o seu paisano Benedicto Blanco Dobarro, de Avión.

Le Colectif du Procés des 42, unha organización dedicada á recuperación da memoria histórica dos 37 executados polos nazis, descubriu o 13 de febreiro de 2006 en Nantes un monumento na súa honra.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar