Alexandre VII, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Alexandre VII, nado en Siena (Gran Ducado de Toscana) o 13 de febreiro de 1599 e finado en Roma o 22 de maio de 1667, foi o 237º papa da Igrexa católica e bispo de Roma dende 1655 até a súa morte.
Nome orixinal | (la) Alexander PP. VII |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Fabio Chigi 13 de febreiro de 1599 Siena |
Morte | 22 de maio de 1667 (68 anos) Roma |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
237º Papa | |
7 de abril de 1655 – 22 de maio de 1667 ← Inocencio X – Clemente IX → | |
Arcebispo católico | |
13 de maio de 1653 – | |
Cardeal | |
19 de febreiro de 1652 – | |
Apostolic nuncio to Germany (en) | |
13 de xuño de 1639 – outubro de 1651 | |
Bispo diocesano | |
8 de xaneiro de 1635 – febreiro de 1652 ← Girolamo de Franchis (en) – Calanio della Ciaja (en) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Nardò-Gallipoli (en) | |
Cardeal Secretário de Estado (pt) | |
Inquisidor | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Pontificios |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Siena (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Colonia Roma Estados Pontificios |
Ocupación | bispo católico (1635–), sacerdote católico (1634–) |
Período de actividade | 1620 - 1667 |
Lingua | Lingua italiana e lingua latina |
Consagración | Miguel Juan Balaguer (pt) |
Participou en | |
19 de xaneiro de 1655 | Conclave de 1655 (pt) |
Familia | |
Familia | Família Chigi (pt) |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Flavio Chigi, Gonfaloniere (en) e Laura Marsili (en) |
Irmáns | Mario Chigi |
Traxectoria
editarPrimeiros anos, sacerdocio e episcopado
editarNaceu en Siena como Fabio Chigi. Foi ordenado sacerdote en decembro de 1634, e ao ano seguinte foi nomeado bispo de Nardò. Recibiu a consagración episcopal o 1 de xullo de 1635, de mans do bispo de Malta Miguel Juan Balaguer Camarasa. No consistorio do 19 de febreiro de 1652, o papa Inocencio X creouno cardeal.
Papado
editarInicialmente contrario ao nepotismo, durante o seu primeiro ano do seu papado prohibiu aos seus parentes mesmo visitar Roma. Non obstante, durante o consistorio do 2 de abril de 1656, anunciou que o seu irmán e os seus sobriños acudirían a asistirlle quedando a partir de entón en mans dos seus parentes a administración eclesiástica. Esta medida, que supuxo un novo florecemento do nepotismo, complementouna proporcionando aos membros da súa familia que residía na súa cidade natal os postos civís e eclesiásticos mellor pagados así como magníficos pazos e facendas.
Favoreceu os españois nas súas reclamacións sobre Portugal, que restablecera a súa independencia en 1640.
Mantivo a condena contra o xansenismo ao defender este a maldade da natureza humana. Favoreceu aos xesuítas, conseguindo a súa readmisión en Venecia.
Foi inimigo do sucesor do Cardeal Richelieu o tamén poderoso no Reino de Francia, cardeal Mazarino. Este realizou unha política a prol do seu Estado en contra dos intereses da Igrexa católica en Europa.
Fomentou así mesmo a arquitectura e o embelecemento xeral de Roma, onde se derrubaron casas para realizar un novo trazado das rúas romanas, converténdose ademais nun gran mecenas, especialmente de Bernini, a quen encargou a construción da bela columnata da praza da Basílica de San Pedro e confiou obras como a ornamentación da igrexa de Santa María del Popolo.
Canonizou a Francisco de Sales, Ramón Nonato e Tomé de Villanueva.