Alexandre Le Roy

(Redirección desde «Alexandre-Louis-Victor-Aimé Le Roy»)

Alexandre Le Roy, C.S.Sp., nado en Saint-Senier-de-Beuvron, no departamento de Mancha o 19 de xaneiro de 1854 e finado en París o 21 de abril de 1938, foi un relixioso espiritano e arcebispo católico latino francés, vigairo apostólico de Gabón de 1892 a 1896, antes de ser elixido superior xeral da súa congregación.

Alexandre Le Roy
Abp Alexandre Le Roy.jpg
Arcebispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1854 en Saint-Senier-de-Beuvron (Mancha)
Pasamento21 de abril de 1938 en París
Ordes
Orde relixiosaCongregación do Espírito Santo
Vigairo apostólico de Gabón
1892 - 1896
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Naceu nunha familia de granxeiros formada por Jean Le Roy e Victoire Grezel, en Saint-Senier-de-Beuvron (Normandía), o 19 de xaneiro de 1854.[1][2] Logo de pasar polo seminario de Coutances, foi ordenado sacerdote da Congregación do Espírito Santo o 10 de agosto de 1876.[2] En 1877 foi enviado a Reunión como profesor, e en 1881 viaxou por vez primeira a África, nunha viaxe misioneira por Tanzania.[1][2]

O 3 de xullo de 1892 foi nomeado vigairo apostólico de Gabón e bispo titular de Alinda.[1] Recibiu a consagración episcopal o 9 de outubro do mesmo ano de mans do bispo de Coutances Abel-Anastase Germain. Como vigairo apostólico foi en contra da política colonial de asimilación dos nativos, ensinando o catecismo aos nenos na súa propia lingua no canto de ensinarlles francés;[1] durante o seu exercicio fundou novas misións no interior de Gabón e fixo unha intensa labor catequética.[1]

O 24 de maio de 1896 foi elixido superior xeral da Congregación do Espírito Santo, cargo que mantivo durante trinta anos, até o 18 de xuño de 1926.[1] Durante ese período foi elevado á dignidade de arcebispo, co título de arcebispo titular de Caria, o 13 de maio de 1921.[3]

Foi membro de varias sociedades académicas, como a Sociedade de Xeografía entre 1906 e 1938, a sociedade Les Amis de l’Éléphant entre 1905 e 1910, e membro titular da primeira sección da Academia de Ciencias de Ultramar dende a súa fundación en 1922 até 1938.[2] Finou en París o 21 de abril de 1938.[1][2]

ObraEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Yates, Douglas A. (2017). Historical Dictionary of Gabon. Rowman & Littlefield. p. 273. ISBN 9781538110126. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Delmas, Bruno; Capot, Michel (04 de febreiro de 2011). "LE ROY Alexandre". Annuaire prosopographique: la France savante. Comité des travaux historiques et scientifiques, Institut rattaché à l’École nationale des chartes. Consultado o 23/08/2022. 
  3. Noutras obras (Yates, Douglas A. (2017). Historical Dictionary of Gabon. Rowman & Littlefield. p. 273. ) indícase o 13 de maio.