Alex Kidd in Miracle World

Alex Kidd in Miracle World é un videoxogo de plataformas para a consola de 8-bit Sega Master System. Foi publicado no Xapón o día 1 de novembro de 1986, e con posterioridade nos EEUU en decembro dese mesmo ano, en Europa en setembro de 1987, en Corea do Sur en outubro de 1988, e no Brasil en 1989. Un remake feito por Merge Games e Jankenteam, titulado Alex Kidd in Miracle World DX, foi publicado o 22 de xuño do 2021.

Alex Kidd in Miracle World
Clasificación PEGI Newpegi 3.svg
CERO CERO A.svg
USK USK6 neu2.svg
Na rede
http://www.sega.co.jp/archive/album/04_alex/home.html
editar datos en Wikidata ]

XogabilidadeEditar

Alex Kidd in Miracle World é un xogo de plataformas en 2D. O xogador debe finalizar os niveis e superar obstáculos e puzzles tanto en contornas con desprazamento coma de pantalla única. A través de 17 fases, Alex enfróntase a moitos monstros e a tres secuaces de Janken o Grande, antes de enfrontarse ao propio Janken.

A habilidade de Alex para golpear emprégase para destruír inimigos e romper rochas co propósito de acceder a novos camiños e para recoller obxectos tales coma cartos que poden empregarse para mercar outros obxectos, incluíndo vehículos como motocicletas e helicópteros. Ao chegar ao final de moitos dos niveis, Alex xoga ao jan-ken-pon (pedra-papel-tesoiras) cun dos secuaces de Janken. Alex morre cun golpe, ou perdendo no xogo de pedra papel ou tesoiras.

Desenvolvemento e publicaciónEditar

Alex Kidd in Miracle World orixinalmente comezou a se desenvolver en 1984 coma un xogo baseado na licenza da serie de manga Dragon Ball. Non obstante, durante o desenvolvemento, a licenza de Dragon Ball caducou e Hayao Nakayama, presidente de Sega, ordenou ao equipo de desenvolvemento comezar de novo dende cero.[1]

O xogo estivo inicialmente dispoñible en formato cartucho. A partir de 1990, foi incluído no firmware dalgúns modelos do hardware da Master System, incluíndo algunhas versións europeas e estadounidenses da Master System 2, e versións europeas da Master System 1.

Esta nova versión e lixeiramente distinta da orixinal en cartucho. Isto é claramente visible entre nivel e nivel. Na versión orixinal, Alex come unha bóla de arroz. Na incluída interna na consola, Alex come unha hamburguesa.

Existen falsos rumores dunha versión na que Alex aparece bebendo unha cervexa. É posible que este mito proceda de persoas que non están familiarizadas coas bólas de arroz xaponesas, e que confundiron a bóla de arroz cunha cervexa.

Un aspecto distintivo deste xogo son as loitas de "pedra-papel-tesoiras" para vencer a determinados inimigos en lugar de empregar solucións violentas. Isto significa que unha vez atopado un xefe, hai unha posibilidade entre tres de morrer, e o éxito sería obtido de xeito aleatorio. Porén, poden memorizarse facilmente (pedra, papel ou tesoiras), posto que sempre son repetidas as mesmas opcións.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

  1. McFerran, Damien (February 28, 2018). "Alex Kidd In Miracle World Was Supposed To Be A Dragon Ball Game". Nintendo Life. Consultado o August 28, 2019.