Pedra, papel ou tesoiras

Pedra, papel ou tesoiras é un xogo infantil na que só se utilizan as mans. É un xogo de azar e velocidade. Provén da China aínda que se introduciu en occidente a través do Xapón.

Regras do xogoEditar

Existen tres posicións:

  • Pedra: o puño pechado.
  • Papel: a man estendida.
  • Tesoiras: os dedos índice e corazón estendidos formando un "V"
     
Posicións das mans: pedra, papel e tesoira (de esq. a der.).

Cada xogador colócase en fronte dos outros xogadores e coas mans detrás das costas. Contan ata tres e logo mostran as mans segundo as posicións que xa foron mencionadas. O xogador que teña a posición máis forte gaña. O papel envolve a pedra, a pedra rompe as tesoiras e as tesoiras cortan o papel.

VariantesEditar

Pedra, papel, tesoiras, lagarto e Spock é un variante deste xogo tradicional popularizada polo personaxe Sheldon Cooper da serie de televisión The Big Bang Theory.