Aleksandr Dziuba

tradutor galego


Aleksandr Dziuba (ruso: Александр Владимирович Дзюба), nado en Rostov no 1990, é un tradutor e lingüista ruso.[1] Está especializado nas linguas castelá e galega.

Infotaula de personaAleksandr Dziuba
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Rostov do Don, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Federal do Sur
Universidade de Cádiz Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , tradutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa, lingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aleksandr Dziuba naceu en Rostov no ano 1990.[1] Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade Federal do Sur, onde exerceu como profesor.[2] Posteriormente, cursou un mestrado en Estudos Hispánicos na Universidade de Cádiz.[2] Máis tarde, trasladouse á Coruña para exercer como auxiliar de conversa na Escola Oficial de Idiomas da cidade.[1] Interesado xa na lingua galega, comezou a estudar o idioma.[1]

Obra editar

Dziuba traballou no eido da lingüística románica, con publicacións académicas sobre o uso da lingua castelá na publicidade.[3] No ámbito da lingua galega, editou o primeiro dicionario galego-ruso, dispoñible gratuitamente en liña.[4] Esta obra conta cuns 11.000 lemas organizados de xeito alfabético, e está destinada tanto a estudantes de idiomas como a especialistas.[4] Dziuba continúa a traballar nunha segunda edición, coa pretensión de recoller até 40.000 entradas.[4]

Como tradutor, verteu ao galego o clásico ruso Doutor Zhivago (1957), de Borís Pasternak.[5] Foi publicado pola Editorial Galaxia no 2024.[5]

Publicacións editar

Artigos académicos editar

  • Dziuba, A.V. (2017). Los juegos de palabras en la publicidad de aerolineas españolas e hispanoamericanas: una propuesta de clasificación. Colindancias: Revista de la Red de Hispanistas de Europa Central, 8, 161-172. ISSN 2067-9092[3]

Dicionarios editar

  • Dziuba, A.V. (2021). Dicionario galego-ruso/Галисийско-русский словарь. Xunta de Galicia.[6]

Traducións editar

  • Pasternak, B. (2024). Doutor Zhivago. Tradución directa ao galego de A.V. Dziuba. Editorial Galaxia.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Pontevedra, Diario de (2021-08-25). "Aleksandr Dziuba: "Moitas persoas dos antigos países soviéticos queren aprender galego"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2024-02-10. 
  2. 2,0 2,1 "Aleksandr V Dziuba - Independent Researcher - Academia.edu". independentresearcher.academia.edu. Consultado o 2024-02-10. 
  3. 3,0 3,1 Dziuba, Aleksandr (2017). "Los juegos de palabras en la publicidad de aerolíneas españolas e hispanoamericanas: una propuesta de clasificación". Colindancias: Revista de la Red de Hispanistas de Europa Central (8): 161–172. ISSN 2393-056X. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "La Xunta presenta el primer diccionario gallego-ruso - Xunta de Galicia". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2024-02-10. 
  5. 5,0 5,1 Sara (2024-02-06). ""Doutor Zhivago" xa está dispoñible en galego". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-02-10. 
  6. "Dicionario galego-ruso". O Portal da Lingua Galega. Consultado o 10-02-2024. 
  7. "Doutor Zhivago". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-02-10. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar