Abrir o menú principal

Alejo Carrera Muñoz, nado en Vilasobroso (Mondariz), o 17 de febreiro de 1893 e falecido tamén en Vilasobroso o 18 de xullo de 1967, foi un xornalista galego, dono do castelo de Sobroso.

Alejo Carrera
Nacemento17 de febreiro de 1893
 Mondariz
Falecemento18 de xullo de 1967
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]
Lenda baixo o escudo: CASTILLO DE SOBROSO - SIGLO XI - PATRIMONIO DE DON ALEJO CARRERA MVÑOZ - SIGLO XX.

Índice

TraxectoriaEditar

Foi correspondente da prensa internacional en Lisboa, e posteriormente desenvolveu traballos consulares na cidade. En 1931 fundou en Vilasobroso o seu propio xornal, chamado El Sobroso, de orientación republicana. Nos derradeiros anos da súa vida colaboraba con artigos literarios como correspondente honorario do xornal Faro de Vigo.

Foi o fundador e primeiro alcalde pedáneo da entidade local menor de Vilasobroso o 13 de setembro de 1924. Integrouse no Partido Republicano Radical e converteuse no primeiro alcalde republicano de Mondariz en 1931. Foi destituído en maio dese ano.


Predecesor:
'
  
Alcalde de Mondariz
 
1931
Sucesor:
Manuel Lamartín Vázquez

Castelo de SobrosoEditar

Mercou o castelo de Sobroso en 1923, nun estado ruinoso, por cinco mil pesetas e dedicouse á súa reconstrución (sen axuda económica do Estado) que quedou inconclusa co seu falecemento en 1967. No castelo organizaba actividades literarias e culturais. Está soterrado xunto á entrada do castelo, no cemiterio de Vilasobroso, no seu mausoleo familiar. A súa filla, Zita Teresa Carrera Ferreira, herdou o castelo e posteriormente vendeullo ao concello de Ponteareas.

GalardónsEditar

  • Orde de Isabel a Católica
  • Orde de Santiago e a Espada
  • Académico non numerario da Real Academia Galega

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar