Abrir o menú principal
Aldabra
Bandeira de Seychelles Nicht vorhanden
Bandeira Escudo
Localización
Localización de Aldabra nas Seychelles
Datos
Capital La Gigi (pob. 12)
País Seychelles Seychelles
Linguas
Poboación (2016) 12 hab.
Superficie 155.4 km²
Densidade 0´08 hab./km²
Coordenadas 9°24′S 46°22′L / -9.400, -46.367
Maior Altura 16 metros
Mapa de Aldabra
Tartaruga verde

Aldabra é un atol de coral no Océano Índico, pertence ao distrito de Outer Islands, en Seychelles, sen poboación permanente, cunha gran riqueza natural no referente a flora e fauna autóctonas, o que a valeu ser catalogado pola UNESCO en 1982 como Patrimonio da Humanidade. Entre a súa fauna endémica destaca a tartaruga xigante de Aldabra (Aldabrachelys gigantea), das cales arredor de 152.000 viven en Aldabra. Tamén destaca unha importante poboación de tartaruga verde (Chelonia mydas) e tartaruga carei (Eretmochelys imbricata).

Administrativamente o atol pertence ás illas Seychelles desde a súa independencia en 1976. Ata esa data e desde 1965, o atol pertencía xunto coas illas de Desroches e Farquhar ao Territorio Británico do Océano Índico.

XeografíaEditar

O atol sitúase en 9°24′S 46°22′L / -9.400, -46.367, a 430 km ao noroeste do extremo norte de Madagascar e a 1.110 km ao suroeste de Mahé, a illa principal do arquipélago das Seychelles.

Trátase do segundo atol máis grande do mundo logo de Kiritimati. Ten 34 km de longo por 14,5 km de ancho. O punto máis alto elévase a 8 m sobre o nivel do mar. A superficie total terrestre é de 155.4 km² e a da lagoa interna de 224 km². En horas de marea baixa, as augas retíranse de case dous terzos da lagoa, deixando o fondo ao descuberto.

O atol é en realidade unha sucesión de catro illas maiores dispostas en forma de anel:

  • Illa Sur (Grand Terre, 116,1 km²)
  • Illa Media (Malabar, 26,8 km²)
  • Polymnie (4,75 km²)
  • Illa Oeste (Picard, 9,4 km²)

Con algunhas outras pequenas dentro da lagoa, como a Ile aux Cendres, Ile Michel, Ile Esprit, Ile Moustiques, Ilot Parc, Ilot Emile, Ilot Yangue, Ilot Dubois, Ilot Magnan, Ile Lanier. O asentamento abandonado de Picard no suroeste da illa do mesmo nome é agora empregado pola garda forestal. O atol de Aldabra forma parte do coñecido como Grupo de Aldara coas illas de Astove, Asunción, e o atol de Cosmoledo.

HistoriaEditar

Aldabra foi visitada por navegantes portugueses en 1511, aínda que xa era coñecida polos árabes, a quen debe o seu nome. Durante o século XVIII formou parte da colonia francesa de Reunión desde onde se organizaban expedicións de caza de tartarugas. En 1810, xunto con Reunión, Mauricio, as Seychelles e outras illas, Aldabra pasou a mans británicas. Posteriormente, Reunión foi devolta a Francia e tanto Aldabra como as Seychelles foron postas baixo a administración británica de Mauricio.

Estableceuse o asentamento de Picard, no extremo suroeste da Illa Oeste que foi ocupado por emigrantes das Seychelles. Finalmente foi abandonado e hoxe en día acolle a estación de estudo da vida salvaxe e ao seu persoal. Non hai poboación permanente e o atol está administrado pola Seychelles Island Foundation.

Atol Aldabra
 
O atol de Aldabra visto desde o espazo.
[[Ficheiro:
 
atol Aldabra
|300px]]
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Seychelles
Localización9°24′59″S 46°24′59″L / -9.41639, -46.41639
TipoNatural
CriteriosVII, IX, X
Inscrición1982 (6ª sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador185

Grupo de AldabraEditar

O grupo de illas de Aldabra comprende:

  • Atol de Aldabra
  • Illa de Asunción
  • Atol de Cosmoledo
  • Illa Astove

A superficie total do Grupo de Aldabra ascende a 176 km². Ecoloxicamente, o grupo constitúe a ecorrexión denominada matogueira xerófila das illas Aldabra.