O Alcázar de Toro, chamado tamén Alcázar Real de Toro, é unha fortificación de planta cadrada situada na cidade de Toro (provincia de Zamora).[1] A primitiva construción data do século X, porén as numerosas reconstrucións fan notar que é unha edificación máis recente. Encóntrase preto da ribeira, situado nun alto, posúe unhas murallas defensivas flanqueadas por sete Torre do homenaxe formou parte do conxunto de murallas que defendían e abranguían á cidade. O alcázar foi lugar de residencia dos Reis Católicos.

Alcázar de Toro
ben de interese cultural e elemento da Lista Vermella do Patrimonio
ConcelloToro
ProvinciaZamora
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas41°31′09″N 5°23′31″O / 41.51919722, -5.3919Coordenadas: 41°31′09″N 5°23′31″O / 41.51919722, -5.3919
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalgótico (século X-XIV)
Estilo actualRestaurado
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O alcázar foi construído no século X nunha acrópole da cidade (elevada a 110 metros do río río Douro). Foi escenario dunha das máis crueis matanzas do rei Pedro I de Castela. O 16 de xaneiro de 1356, encontrábase aí María de Portugal, esposa do rei Afonso XI de Castela, cando o seu fillo Pedro o Cruel chegou e ordenou os seus escudeiros a matar varios nobres que acompañaban á raíña. Pedro López de Ayala nas súas crónicas dos reinados de Pedro I, Henrique II, Xoán I, e de Henrique III, describe así os feitos:

E entón logo enviou dicir o Rei á Raíña Dona María, a súa nai, que estaba dentro no Alcázar, que saíse de alí e viñese cara a el. E a Raíña envioulle pedir mercede por aqueles Cabaleiros que alí estaban con ela, que os perdoase. E o Rei envioulle dicir que ela viñese, que despois el sabería que facer cos Cabaleiros que con ela estaban (... ) E a Raíña saíu do Alcázar, e viña con ela a condesa dona Juana, muller do conde Don Enrique, tamén Don Pero Estevanez Carpentero Maestre que se chamaba de Calatrava, e Ruy González de Castañeda, e Alfonso Téllez Girón, e Martín Alfonso Tello (...) Outro Escudeiro chegou e matou a Martín Alfonso Tello (...) E a Raíña Dona María, nai do Rei, cando viu matar estes Cabaleiros así, caeu na terra sen ningún sentido como morta (...) e despois de levantala, e viu os Cabaleiros mortos arredor dela, e nus, e comezou a dar grandes voces maldicindo o Rei, o seu fillo, e dicindo que a deshonrara e a mancara para sempre, e que xa máis quería morrer que non vivir.[2]

Foi residencia de Xoán II de Castela cando asistía ás cortes en Toro.[3] Es posible que existisen outras residencias reais. O castelo tivo o seu protagonismo durante a guerra de Sucesión Castelá e concretamente na Batalla de Toro acaecida o 1 de marzo de 1476. Tralo abandono que sufriu no século XVI como residencia real, o castelo iniciou un lento declive. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1931.

Notas editar

  1. Velásco Rodríguez, Victoriano (1962). Tipografía "Heraldo de Zamora", ed. Guía Turística da Provincia de Zamora (Segunda ed.). Zamora. p. 193. 
  2. López de Ayala, Pedro (1780). Crónica de los Reyes de Castilla, Don Pedro, Don Enrique II, Don Juan I, Don Enrique III. Madrid: Imprenta de D. Antonio de Sancha. pp. 207–208, ano sexto, capítulo II. OCLC 2921347. 
  3. Cañas Gálvez, Francisco de Paula (2007), 'O itinerario da corte de Juan II de Castela (1418-1454)