Alborz
Alborz ou Elburz (en persa: البرز) é unha cordilleira que separa o altiplano iraniano da depresión do mar Caspio e, por outra banda, establece unha continuidade entre o Cáucaso e o Hindu Kush (Paropamisadas). A altura media da cordilleira non supera os 3000 metros, sendo o pico máis alto o Damavand, que alcanza os 5654 metros. No norte, hai moitos bosques, pero no sur a vexetación é escasa debido á pouca cantidade de choiva. O primeiro en darlle nome á montaña foi Hamd Allah Mustawfi . Anteriormente, era coñecido como Semiramidis Mons (Σεμειραμίδος ὄρος) e é mencionado por Flavio Arriano e Marciano, que dicían que formaba a parte persa da entrada ao golfo Pérsico na rexión de Carmania.
Alborz البرز | |
---|---|
![]() Alborz en Mazandaran | |
Localización | |
Continente/s | Asia |
País/es | ![]() |
Coordenadas | 35°57′20″N 52°06′36″L / 35.95556, -52.11000Coordenadas: 35°57′20″N 52°06′36″L / 35.95556, -52.11000 |
Datos | |
Cota | 5610 msnm |
Superficie | 155970 |
Lonxitude | 804 |
Ancho | 388 |
EtimoloxíaEditar
O nome Alborz derívase de Harā Barazaitī, montaña lendaria do Avesta, texto principal do zoroastrismo. Harā Barazaitī procede dun nome protoiraniano, *Harā Bṛzatī, que significa "Montaña Muralla". *Bṛzatī é o feminino do adxentivo *bṛzant- "alto", antecedente do persa moderno bouland (بلند) e Barz/Berazandeh, relacionado co sánscrito Brihat (बृहत्). Harā pode interpretarse como "vixiar" ou "gardar", a partir dunha raíz indoeuropea *ser- "protexer". No persa medio, Harā Barazaitī converteuse en Harborz, e no moderno persa Alborz, cognado do monte Elbrus, pico máis alto do Cáucaso.[1]
CaracterísticasEditar
O Alborz esténdese en dirección oeste-leste ao longo dun arco de 600 km, cunha extensión mínima de 60 km e máxima de 130. Está conformada por series sedimentarias datadas dende o alto Devónico ao Oligoceno, predominantemente calcarias xurásicas sobre un núcleo de granito.
Entre os lugares de interese están a fortaleza medieval de Alamut e varias estacións de esquí, algunhas delas consideradas como as mellores do mundo,[2] como a de Dizin.
NotasEditar
- ↑ electricpulp.com. "ALBORZ".
- ↑ Joly, Dom. "Iran's biggest secret: the skiing's great". the Guardian.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alborz |
BibliografíaEditar
- North, S.J.R., Guide to Biblical Iran, Roma 1956, p. 50
Ligazóns externasEditar
- Montañas de Alborz, Fotos de Irán, Livius Arquivado 26 de outubro de 2008 en Wayback Machine.
- Mapas, fotos e lista de cumes
- Astronomía